Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 19 de enero de 2015

O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas


O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas, Galaxia

Este libro gustoume moito, porque á parte de ser curto é bastante fácil de ler, reflicte unha realidade grande como é a desigualdade que existe entre mulleres e homes.

Eu creo –e paréceme xenial– que a súa protagonista trata este tema como se non quixese que en si existisen ‘’machismo’’ e ‘’feminismo’’, senón soamente a igualdade entre ambos os dous sexos.

O que máis me gustou desta historia foi esa complicidade que Carlota ten ca súa familia, especialmente coa súa avoa. Aínda que co seu irmán tamén; ‘’envéxoa’’ un pouco, porque eu non teño ningún irmán ou irmá co/coa que levarme así de ben.

Tamén me gustou que explicara tan ben todas as cousas que pasan no día a día que son machistas, sen usar palabras moi difíciles, conseguindo así que non se faga aburrido e que aprendas que esas situacións que posiblemente non considerabas machistas, realmente si que o son.

Algo que me pareceu moi interesante foi que tratase o tema dos apelidos (que nuns países cando dúas persoas se casan a muller teña que adquirir o apelido do home), pois é algo que nun principio eu nunca considerei que resultase unha cousa ‘’machista’’. Por iso tamén creo que O diario violeta de Carlota, nos fai reflexionar e darnos conta de cousas que parecen insignificantes se te paras a pensar son mostras de machismo.

O que menos me gustou deste libro foi cando lle regalaron a boneca ao curmán e que os pais do rapaz lla quitaran.

O vocabulario é fácil, se algunha palabra non a entendes facilmente se saca polo contexto no que se
atopa ou tamén no glosario que hai no final do libro.

Creo que todo o mundo debería ler este libro, porque ensina moitas cousas e permíteche abrir un pouco máis a mente.


Noelia Casas García (4º ESO)

No hay comentarios: