Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 3 de decembro de 2023

Balda de Libros (VIII): O grupo, de An Alfaya

 

O grupo. An Alfaya. Xerais

O grupo é un libro moi entretido, que expresa os graves problemas que superan as persoas.

O momento máis importante da obra para min foi cando Sandra le a carta de Nuno ou cando Antón lle escribiu unha carta a Nico e Salva e o momento que menos me gustou foi cando Runa se enfadou con Nico por unha noticia que leu no periódico.

O meu personaxe favorito é Sandra porque aínda que ela teña moitos problemas sempre se preocupa polos demais e quere axudar a todo o mundo. Outro dos meus personaxes favoritos é Manuela a ex de Sandra. Cortaron por algúns problemas que tiveron, pero sempre a apoia en todo, no bo e no malo. Pola contra, o personaxe que menos me gustou foi Runa porque aínda que ao final cambia a súa actitude ao principio só pensaba nela e no mal que o pasa, cando alí todos o pasan mal.

Non faría ningún cambio, se cadra alongaría un pouco o final porque pareceume moi curto ou facer un segundo libro. O vocabulario non é difícil.

O libro gustoume moito porque é fácil de ler, entendese e intrigante porque non sabes o que pasara ata que o les. Está moi ben, recoméndollo a todo o mundo para que coñezan algúns dos diferentes problemas polos que pasan as persoas.

Lidia González Rey (3º ESO)

Na miña opinión o momento máis importante do libro é no que todo comeza, xa que sen ese momento non habería trama. Nesa escena comezan a presentarse todos e a contar porque están buscando axuda.

Ten unha trama moi intrigante, se se busca algo fácil de ler este libro é o indicado. Tamén resulta moi interesante que trate de contar historias sobre maltrato, accidentes, homofobia e racismo, E parecéme moi intrigante que sexan eles en primeira persoa quen as conten.

Os personaxes son adolescentes que contan xa dende o humor ou dende o seu punto de vista as súas situacións.

O mellor personaxe na a miña opinión é Sandra, xa que se preocupa polos demais apesar de ter os seus problemas e traumas. Ademais hai máis, son: Antón, Nico, Amina, Runa, Carla, que sufriron diversos traumas, causados por maltratos e bullying. Sandra intenta axudarlles a saír adiante coas súas sesións de axuda á adolescencia.

Sandra intenta axudarlles ensinándolles a vivir cos seus problemas familiares ou outras causas.

É un libro fácil de ler, xa que, non é moi longo, ten un léxico moi doado e sinxelo de comprender, ou se pode entender polo contexto no que se atope.

Cambiaría o final, dado que ten un desenlace demasiado aberto, gustaríame que tivese un capítulo máis, xa que non me gustan os finais abertos.

Noelia Martínez Rodríguez (3º ESO)

A min este libro a pesar que non era que me gustara moito ao principio acaboume gustándome moito ao empezar a ler todo o que lle pasaba aos adolescentes e porque lle facía falta estar con Sandra, a psicóloga, para que os axudase.

O meu personaxe favorito é Runa porque deixa a escola porque non lle gusta e fai o que lle apetece por iso me gusta o que fai, oxalá puidera ser eu, deixar os estudos para facer o que me guste.

Os personaxes que non me gustaron moito foron os pais de Nico porque non lles parece ben que sexa homosexual e non queren que teña mozo, porque seus pais din que ao ser un rapaz ten que ter unha noiva non un noivo e por iso Nico o pasa tan mal porque seus pais non aceptan a amizade que ten con Salva.

A miña opinión do libro é que é interesante porque che dá intriga a ver que lle pasa a cada neno. E o libro enténdese bastante ben porque o vocabulario é fácil para comprendelo.

Ángel Castro Noya (3º ESO)

Ben, para empezar con esta valoración falarei de como me pareceu o libro, é dicir, a min gustoume bastante xa que foi entretido e tiña poucas páxinas, tamán por iso se me fixo ameno e sinxelo. Tiña un vocabulario axeitado para o que eu entendo e as pequenas historias ou máis ben traumas dos personaxes eran bastante interesantes e entretidas, agás a de Amina xa que literalmente non achegaba nada na historia, o resto gustáronme.

A miña personaxe favorita é Runa xa que me gusta moito como actúa, pola súa actitude, aínda polas súas circunstancias de vida xa que estaba en cadeira de rodas e á parte xa non estaba con súa nai polo seu falecemento. Para min Runa foi o piar da historia xa que achega moita ilusión e compañeirismo entre todos menos cando se puxera á defensiva nunha escena, pero todo ben. E despois está Sandra, que obviamente que me cae ben sendo basicamente, a protagonista e axudando a adolescentes, sobre todo a Nuno que, ben, tamén volveron a falar grazas a Runa, que foi a mellor. 

E nesta historia tamén hai personaxes secundarios pero creo que non me gustaron nin moito nin pouco xa que para min non engadían moito.

Carla Caramés Rivas (3º ESO)

 

 

Ningún comentario: