luns, 28 de febreiro de 2011
E ti...¿Sobrevives?
¿Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional. A súa reiterada mala conducta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade inquietante dos seus enormes ollos, non deixan de abraiar continuamente ó profesorado e ós seus compañeiros. Moni é unha permanente mancha negra que se resiste a desaparecer. Moni, o protagonista de ¿Sobrevives?, vive dacabalo entre un mundo urbano que o rexeita, e no que vive dolorosamente, e un mundo rural que o acolle case amorosamente. Un contrapunto moi eficaz e, sen dúbida, sorprendente para os lectores. En palabras da propia autora ?Moni renega do que se lle antolla arbitraio e absurdo. Dos formulismos que non responden a ningunha sensibilidade. Non todo o que atopa no medio rural o arroupa no seu remuíño interior. De feito é nos seus podengos nos que confía case en exclusiva e pon esperanzas no futuro?.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Eu este libro non o lin, pero lin outros desta mesma autora e estaban moi ben.
Publicar un comentario