Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 4 de xuño de 2024

Balda de Libros (XXXIV): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao

 

Os vellos non deben de namorarse. Castelao. Galaxia

Este libro está dividido en tres lances, e en cada un conta unha historia diferente pero que teñen algún tipo de relación. E no epílogo da obra reúnense todos os personaxes que están mortos, e ao señor Fuco tíranlle outro morto enriba del, que é a sua sogra.

A relación é que en todos os lances un señor maior se namora dunha rapaza moito máis nova ca el, e claro a rapaza non lle fai caso e eles pásano mal.

No segundo lance, que é o que máis me gustou, o meu personaxe preferido son os pais de Ramón, xa que miran o mellor para el, e danlle moi bos consellos, que se queres sabelos tes que ler a obra.

A verdade é que recomendo moito ler este libro, xa que ao ter tres historias diferentes na miña opinión faise moito máis interesante e menos pesado, pero tamén ten unha parte mala (polo menos para min), que cando acabas de ler o terceiro lance xa non te acordas de todo o que pasou no primeiro, e como son historias bastante semellantes ao mellor confúndeste.

A pesar de ter tres lances (tres tramas distintas), é un libro moi curto e que se le moi rápido, xa que tamén é moi fácil de entender.

Zaira Antelo Iglesias (4º ESO)

Este libro de teatro de Castelao gustoume moito xa que é moi sinxelo de ler e moi curto pero o que máis me gustou é o entretido que é.

Neste libro hai varias personaxes e a que máis me gustou foi a do señor Fuco xa que me daba pena que só se quixeran aproveitar do diñeiro que tiña, aínda así tamén me deu pena Pimpinela, a moza da que estaba namorada, xa que ela só casou co señor Fuco para facerlle un favor aos seus pais e que estiveran contentos con ela, por iso me deron pena os dous.

As personaxes que menos me gustaron foron Micaela e o portugués porque tamén se aproveitaron moito de Don Ramón, que a cambio dun bico dáballe unha leira, por iso o seu mozo portugués e Micaela fixeron ese trato para facerse con todas as terras de Don Ramón.

O momento deste libro que máis me gustou foi cando os tres vellos se atoparon no cemiterio, xa que aí decataronse de que a morte tiña razón e que non debían namorarse cando eran vellos, tamén porque se decataron do que querían realmente as mozas, que era quedarse co seu diñeiro.

Valeria Grela Bello (4º ESO)

Os vellos non deben de namorarase é moi interesante, e sobre todo entretido xa que sempre tes esa curiosidade sobre o que vai acontencer. En xeral é moi fácil de ler ademais lese moi rápido xa que son lances curtos.

Para min o momento máis importante foi cando o boticario se namorou cando era vello. Tamén me parece moi importante cando se reencontran o señor Fuco, o boticario e don Ramón e se contan as novidades.

O meu personaxe favorito foi Pimpinela, xa que me dá moita mágoaa porque ten que facer o que os seus pais queren e non o que ela realmente sente. Tamén me gustou moito o boticario xa que me parece moi boa persoa e dáme pena que se namorara sendo tan maior e o que acabou facendo.

O personaxe que menos me gustou foi Micaela xa que me parece moi mala persoa e moi egoísta xa que se aproveitaba sempre de Ramón.

Nuria Recouso Pena (4º ESO)

Este libro titúlase Os vellos non deben de namorarse de Castelao. É unha obra de teatro que me pareceu moi interesante e sinxela, lévate a reflexionar sobre o que acontece, que é que uns señores bastante vellos se namoran dunhas rapazas novas, de aí o título, xa que non é normal iso, que un señor se interese por alguén que podería ser a súa neta.

E hai outro personaxe chamado “A Morte”, que non se sabe se é home, muller ou calquera outro ser, o único que coñecemos son os seus actos, non quero dicir o que fai exactamente pero digamos que é algo moi prexudicial para eses vellos.

Os personaxes máis importantes son os tres vellos da historia, con cadansúa rapaza nova e os amantes por así dicilo de cada unha delas.

O xénero do libro é o teatro, un xénero que a min non me apaixona moito pero merece a pena intentar lelo para ver que cada vez vai mellorando a trama. Non foi para nada difícil de ler e animo a todo o mundo a lelo para descubrir con máis profundidade o que vai ocorrendo, non vos ides arrepentir.

Carla Lema Domínguez

Ningún comentario: