Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 4 de xuño de 2024

Balda de Libros (XXXIII): O achado do castro, de Manuel Núñez Singala

 

O achado do castro. Manuel Núñez Singala. Galaxia

A min paréceme un libro moi interesante, entretido e moi fácil de leer. Recomendo moito lelo, tamén é bastante curto. Ten un final feliz para todos e que me parece moi axeitado para a obra, e que non me esperaba para nada.

O momento máis importante é cando están os catro discutindo xa que finalmente chegan a unha conclusión boa para todos. É a miña parte preferida da obra xa que todo acaba ben.

Os catro personaxes principais son: Mariñae e Manolitus, e mais o emperador (o pai de Mariñae), e Arpexia (a nai de Manolitus). Arpexia e o emperador están os dous viúvos. O meu personaxe favorito é Manolitus xa que me parece o que máis bondade ten, e o único que quere é poder estar toda a vida con Mariñae, mentras que os pais polo único que miraban eran polos cartos e non pola felicidade. Tamén hai outros personaxes que son dous ladróns, un parvo e outro listo, que a pesar de que son ladróns fan un papel moi gracioso e que lle dá moita vida á obra, de feito cando están os dous sos tamen é unha parte das que máis me gustan da obra. E o personaxe que menos me gustou de todos foi o emperador, xa que me parece un home moi cruel, porque meteu a súa filla no cárcere sen pensalo e porque fixo moitas cousas que non me gustaron personalmente.

Zaira Antelo Iglesias (4º ESO)

Esta obra conta a unha historia de amor entre unha muller chamada Carmiñae e un home chamado Manolitus. Estes dous persoaxes comezan a súa historia de amor en Nápoles e logo séguena en Roma, aínda que ás agachadas, ata que os pillan a nai de Manolitus e o pai de Carmiñae, ambos viúvos.

Este libro sitúase na época do imperio romano, aínda que mestura elementos desa época con elementos da actualidade, o cal o fai máis entretido baixo o meu punto de vista.

A escena do libro que máis me gustou foi cando Caleno se facía pasar polo Citrón e líalle os epigramas mal traducidos ao Emperador.

A miña persoaxe preferida foi Carmiñae, xa que loita en todo momento por ser libre. E o personaxe que menos me gustou foi o emperador, xa que encarcera a súa filla e non a deixa ser feliz coa súa parella. Outros persoaxes que non me gustaron foron Catulo e Caleno, xa que intentaron roubar.

A verdade é que este libro gustoume bastante, foi entretido. Con respecto ao vocabulario, houbo algunhas palabras que non coñecía, pero en xeral entendín todo bastante ben.

Samuel Grela Seoane (4º ESO)

O libro trata sobre dous ladróns que lle queren roubar ao emperador César mentres que el intenta que a súa filla non case co fillo da comercianta máis rica de toda Roma, Arpexia, pero ao final acábanse namorando Arpexia mais Cesar e propóñense casar, o que os pon moi contentos e déixanlle roubar aos landróns e mais deixan casar aos fillos xuntos.

Esta obra de teatro gustoume porque foi bastante graciosoanalguns intres aínda que noutros moi aburrido. Tamén me gustou que fose dunha temática antiga e non moderna xa que facía o libro máis vistoso como cando di que o castigo era botar a persoa que fixera mal para a fosa dos crocodilos e que a comeran ou outro castigo que había era cortarlle unha extremidade (un bo exemplo é o soldado ao cal lle querían cortar a perna por un comentario en mal momento).

O meu personaxe favorito foi Catulo porque non sabía facer de sabio e aínda así amañábase para conseguir compracer ao Emperador, outro que tamén me gustou foi Manolitous polo simple feito de que como se mexaba intentaba marchar todo o tempo ata que nun momento de emoción acabouse mexando.

O título ao comezo non entendía porque empezara directamente no primeiro capítulo sen mirar antes o anterior pero unha vez que o lin deime de conta de que si que ten sentido polo mero feito de que foi un descubrimento (achado) nun castro, hai moitos anos e logo unironse as partes e creouse o libro aínda que non se atoparon todas as partes.

Anxo Domínguez Martínez (4º ESO)



Ningún comentario: