Tartufo. Molière. Trad. Loli Ramos Duarte, Positivas
Ola, eu son Nerea Sánchez Castro e vouvos dar a miña opinión sobre a obra teatral Tartufo. A min persoalmente este libro gustoume xa que me entretivo moito ao lelo, basicamente porque é moi emocionante xa que non te chegas a imaxinar o que pode pasar ao longo da historia e iso é o que o fai entretido para o meu pensar.
Á parte ten unha linguaxe que está moi adaptada á nosa idade e así o poidamos ler mellor e tampouco lle dá moitas voltas á historia e así énos moito máis fácil de entender.
O meu personaxe favorito é Orgon porque me pareceu moi bonito o xesto de rescatar a alguén da rúa (que non ten casa propia), e levalo para a súa propia casa.
O meu momento preferido da historia, sen pensalo moito, é o final porque é onde máis cousas pasan, por exemplo cando Tartufo cumpriu a súa ameaza e conseguiu botar a xente que estaba ocupando a súa casa levando os gardas para que os botaran porque tiñan o permiso de evacuación.
Nerea Sánchez Castro (4º ESO)
Cleanto é o meu personaxe favorito. Na obra, Cleanto interpreta o papel do cuñado de Orgón e distínguese por ser o que representa a voz sensata. É un individuo prudente e lóxico, cuxo propósito é alertar á súa familia sobre as verdadeiras intencións de Tartufo. No medio da cegueira de Orgón, a súa lóxica e o seu bo sentido son como un sopro de aire fresco.
Tartufo, é o personaxe que menos me gusta. A pesar de ser o personaxe principal e central, Tartufo é extremadamente manipulador e deshonesto. Mostra o seu falso fervor relixioso mentres planea aproveitarse da familia de Orgón, reflectindo así a hipocrisía relixiosa. É un personaxe desprezable pola súa falta de escrúpulos e moralidade.
Os momentos que me parecen máis interesantes son:
- Na escena, Elmira, a muller de Orgón, deixa ao descuberto Tartufo despois de darse conta das súas verdadeiras intencións. Pero en vez de enfrontarse a el directamente diante do seu marido, decide ocultar a Orgón para que poida presenciar a Tartufo intentando seducila. Neste momento importante, revélase a verdadeira esencia de Tartufo e a súa influencia en Orgón comeza a esvaecerse.
- Tartufo é arrestado ao final, e a familia de Orgón consegue salvarse. Ademais de ofrecer unha conclusión satisfactoria, este final destaca a xustiza e o castigo merecido para os hipócritas e enganando.
É difícil querer modificar algo nunha obra que tanto che gusta. Porén, o desenvolvemento do personaxe de Orgon na súa percepción de Tartufo puido observarse de forma máis gradual. Neste punto, o seu cambio de opinión é brusco, pero podería ter un impacto aínda maior se ao longo da obra se reflicten máis sinais das súas dúbidas e conflitos internos.
Resúltame difícil entender o vocabulario. Se tes un pouco de contexto e coñecementos sobre a linguaxe teatral, o texto é accesible e merece ser valorado.
Ainoha González Iglesias (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario