Por fin, por fin, por fiiiiiinnnnnn !!!! podemos escoitar o documento. Colaboramos cos IES de Burela no mes de Marzo, e saímos nun programa de radio chamado Proxecto Neo.
![]() |
Visto en http://proxectoneo.blogspot.com.es/ |
Que é iso de Proxecto Neo?
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde.
O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra.
Que é iso de neofalante?
NEOFALANTE adx. e subs. Individuo que empeza a expresarse nunha nova lingua, como Rocío Villasenín Bello (4º ESO) cando chegou a Trazo dende Madrid hai catro anos. Ela fala da súa integración aquí, en Trazo.
Para acceder ao enlace do programa de radio, pincha aquí. Podes escoitar a entrevista con Rocío, a partir do minuto sete (en realidade, un chisco antes do minuto sete)
![]() |
Visto en www.agal-gz.org |
6 comentarios:
“O futuro do galego será neofalante, ou non será” (Sechu Sende)
Acabamos de descubrir esta nova entrada no voso caderno de bitácora. A lectura do contido recórdanos algo que xa sabíamos: sodes xeniais. Profes xe-ni-ais para alumnas e alumnos xe-ni-ais. Transmitídelle unha vez máis o noso aplauso a Rocío Villasenín Bello.
Grazas a todos os Neos, sempre é gratificante que valoren o teu traballo. Abert@s a seguir colaborando, algo había que argallar para o vindeiro curso...
Noraboa a Rocío por esta entrevista:3
Que ben quedou!! A verdade e que Rocío quedou moi natural facendo esta intrevista! Ánimo Rocío que ben o fixeches! :)
Moi interesante a entrevista, quedóu impresionante!!!!
Publicar un comentario