Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 30 de noviembre de 2012

A emigración desde Trazo

A lectura de varios textos literarios sobre a emigración galega, entre eles "O pai de Migueliño" do libro Cousas de Castelao deu pé á elaboración dunha serie de traballiños sobre persoas que emigraron desde Trazo a outros lugares do mundo e sobre as condicións en que se producía ese éxodo.



Miña tía era de Pontevedra e meu tío era de Benza, foron a Uruguay para gañar cartos no ano 1947 e voltaron no ano 1997.
Meu tío volveu pero miña tía morreu alá. Antes de marchar para Uruguay meu tío traballaba de agricultor e alá traballaba nunha empresa de elaboración de mate, tamén miña o fixo.
En Uruguay vivían nunha casa preto da praia  e só vivían eles dous na casa.
Casaron aló.
Para Uruguay foron en barco, a viaxe durou varios días  e mentres non chegaron durmían no barco eles e mais todos os que ían emigrados para Uruguay.

Margarita Pombo Castro (3º PDC)


Meu avó foi ao Uruguai porque tiña uns tíos alí. El foi no ano 1960 e miña avoa foi no 1964 para estar con el.
Meu avó estivo 6 anos e miña avoa 2.
Miña avoa chámase Elena e meu avó Pepe.
Elena traballaba no campo e Pepe traballaba de canteiro, en Galicia.
En Uruguai Pepe traballou nunha fabrica de leite e Elena no Sanatorio Español. Souberon dos traballos por persoas coñecidas
Vivían nunha habitación con dereito a cociña, despois foron para un pequeno apartamento.
A viaxe fixérana en barco.
Elena e Pepe marcharon para poder ter unha casa e un mellor nivel de vida.
Tamén estiveron en Suíza anos máis tarde.
Coñecéronse e casaron en Galicia.

Iria Fajín Casas (3º PDC)



Manuel Docampo Grela, o meu pai, emigrou a Suíza con máis ou menos 18 anos. El marchou porque aquí xa acabara os estudos e había falta de cartos, eran 3 irmáns e os 3 foron para alá xuntos. Instaláronse nun piso os tres xuntos e logo meu pai púxose a traballar de peón, pero logo voltou para Galicia porque encontrara unha moza xeitosa de Tordoia e tiña morriña. Máis ou menos botou alá 1 ano, pero seus irmáns botaron alá moitos máis anos. Hoxe en día os irmáns están todos aquí sen traballo, menos  meu pai que hoxe en día ten unha gran explotacion en Trazo.
Manuel Docampo Grela agora mesmo di: “Aquí teño  a miña vida e non volvería marchar”. El xa ten todo o que necesita para ser feliz: unha muller e dúas fillas. E eu como filla estou moi orgullosa de telo como pai.
 

Alba Docampo Noya (3º PDC)


No hay comentarios: