Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 1 de xuño de 2022

Conta de Libros (XXIII): Rastros, de Roberto Vidal Bolaño


Rastros. Roberto Vidal Bolaño. Positivas 

Este foi o primeiro libro que lin de teatro e gustoume moito. Para min o momento máis importante do libro é o principio onde os personaxes son pequenos, xa que o inicio é igual que o final e con el enténdese a historia. 

Gustoume moito e pareceume moi interesante, xa que nunca me imaxinei esas historias que contan os “flashbacks” no libro. Cada un sorprendeume máis. 

A obra baséase nun pequeno grupo de 4 amigos que recordan as súas aventuras pasadas cando están pasando por un momento difícil. 

O meu personaxe favorito é Moncho, porque a pesar de que nalgunhas ocasións non o debería facer, sempre intentaba axudar a Esther en todo o que puidese. 
 
O final gustoume moito pola maneira en que remata igual que o principio, fai que o libro sexa diferente e dálle un desenlace máis tráxico á historia. 

A lingua pareceume sinxela e sen dificultades, ademais é un libro que se le bastante rápido e é moi entretido. Recomendo lelo. 
 
Lucía González Castro (4º ESO)

A min este libro de Roberto Vidal Bolaño gustoume moito porque é unha historia que pode
pasar na realidade. A historia que conta é moi interesante porque un suicidio é unha realidade moi grave que acontece moito, e non nos damos conta nas novas, pero cada día morre moita xente debido a que acaba coa súa propia vida, até menores de idade.

Os personaxes deste libro gustáronme moito porque son poucos pero están todos moi ben
desenvolvidos, xa que se describe a súa vida bastante ben. A miña personaxe favorita é
Esther porque é unha persoa sen filtro, é dicir sempre di o que pensa sen medo ao que
pasará. Outro personaxe que tamén me gustou foi Iago porque me pareceu moi serio nalgúns aspectos.

O final do libro gustoume penso que está ben pero daríalle un pouco máis de emoción porque na miña opinión é un final moi básico.

O libro en xeral ten un vocabulario moi doado, xa que é unha obra de teatro en que varias
personaxes falan cun vocabulario máis inculto, que nas persoas novas é máis fácil de
entender debido a que estamos acostumados a falar así de maneira cotiá.

Ana Señaris Veiras (4º ESO)


Para min o momento máis importante do libro é cando Esther se intenta suicidar porque senón o resto da obra teatral non tería sentido ningún. Pareceume unha lectura moi interesante porque aprendín cousas, como por exemplo que cando nos imaxinamos a nosa morte sempre o facemos dunha maneira idealizada.

A miña personaxe preferida é Esther tanto pola súa maneira de ser como por como reacciona sobre as diferentes situacións que suceden ao longo da obra teatral.

O desenvolvemento gustoume e tamén da maneira en que está escrito, xa que se fai moi ameno de ler.

A min o final gustoume moito porque non é un final como o resto dos libros e non o esperas para nada.

A lingua pareceume fácil de ler con palabras sinxelas.

Na miña opinión recomendo ler este libro porque é entretido e fácil de ler.

Iria Castro Noya (4º ESO)

Ningún comentario: