A min neste libro gustoume bastante a historia, é entretida é fácil de ler e conten moita retranca galega, cousa que me gusta moito como queda.
Os momentos máis importantes ao meu parecer foron cando a morte chegaba á escena, porque xa se intuía que alguén probablemente ía morrer pouco tempo despois de que ela se fose.
A idea de que cada vello tivera a súa historia en concreto e de que non fosen todos o mesmo gustoume bastante.
A miña personaxe favorita é Micaela, xa que pensou moi ben unha estratexia para roubarlle leiras a Don Ramón, e pareceume gracioso.
Ao final do libro gustaríame engadirlle que os 3 vellos puideran vingarse das 3 mozas convertidos en pantasmas.
A lingua pareceume fácil aínda que había algunhas palabras que non entendía moi ben.
Valeria Vásquez Fernández (4º ESO)
Para
min este libro foi moi entretido. O autor é
Castelao, do que eu xa tiña lido a novela Os Dous de Sempre. Neste caso o libro que lin
é unha obra de teatro polo que penso que por iso o lin máis rápido. Cabe destacar
que é a primeira vez que leo algo deste tipo e sorprendeume bastante
xa que pensaba que este tipo de libros non me ían gustar e ao
final gustoume
moito.
Se
tivera que escoller unha das tres historias que compoñen este libro
sería a primeira, do boticario Don Saturio e Pimpinela, aínda que me gustaron todas esa foi a que máis
me chamou a atención.
En
canto á
linguaxe tamén quedei sorprendida xa que este non é
precisamente un libro da actualidade senón que xa ten os seus anos e
enténdese moi ben todo.
Por último como xa dixen no outro libro que
lin este trimestre
teríame
gustado que fose unha soa historia pero iso xa é para gustos, aínda
así non teño queixas.
Sonia Muíño Riomayor (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario