Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 5 de xuño de 2022

Conta de Libros (XXXI): Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala

Atranco no banco. Manuel Núñez Singala. Galaxia 

Para min este libro é moi interesante debido a que dende o meu punto de vista ten moi bos personaxes e todos contan cun protagonismo bastante parecido, quitando a muller de Serafín que aparece algo menos, ademais a introdución dos personaxes parece moi boa sobre todo a dos atracadores. 

O tema é moi entretido debido a que constantemente está pasando algo importante e ademais disto ten constantemente momentos cómicos que acompañan moi ben a obra. 

E para min foi un libro bastante sinxelo de ler debido a que non ten unha linguaxe para nada complicada e ademais é un texto curto e coas letras bastante grandes. 

É un libro moi divertido porque ten moitos chistes e neste sentido é moi recomendable porque se queres botar unas risas pois eu ata lendo no libro boteinas. 

Definitivamente eu recomendo esta obra porque para min foi o libro máis gracioso que lin e ademais é moi entretido durante toda a historia e ten un final moi bo na miña opinión. 

Raúl Ferreira Parente (4º ESO)

Persoalmente o momento que me pareceu máis importante foi cando Serafín colleu a pistola de fogueo que lle regalara Lois e apuntou a Rafael con ela, porque grazas a que Serafín espertara foron capaces de abrir a porta, xa que grazas a ser o director do banco tiña a chave e colaborou cos ladróns intentando abrir a caixa forte.

Pareceume unha obra de teatro moi entretida e emocionante, xa que nunca te aburres e en todo momento estás con gañas de saber o que vai pasar a continuación. 

Se tivera que facer algún cambio no libro sería o final, porque creo que o libro remata cun final demasiado aberto que te deixa con gañas de saber que pasou ao final. 

Este libro é moi fácil de ler, xa que non usa un vocabulario moi complicado e ademais é un libro moi curto que se le en pouco tempo.

Pablo Codesido Fernández (4º ESO)

Ningún comentario: