Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 17 de marzo de 2014

Balda de Libros (XXXI): Cara a Times Square, de Camilo Gonsar



Se son sincera, este libro non me gustou moito, xa que non o entendo moi ben nin lle vexo moito sentido á historia, ademais de haber detalles como por exemplo o tren que ía sen ninguén ademais deles, que non os entendo.

Aínda así, algúns momentos si que me gustan. O momento máis importante, paréceme o momento no que o Belga cae ao mar e morre, debido a que o narrador o tira cun pé; non o esperaba para nada.

Si que faría moitos cambios, xa que como ben dixen o libro non me gustou moito, relacionados sobre todo coa historia en si, pois eu non a entendín moi ben.

O que si foi bastante fácil foi a lingua, xa que utiliza unha linguaxe bastante fácil de entender, o que compensa un pouco a dificultade da historia.

Cristina Deus García (4º ESO)

No hay comentarios: