
Este é un libro que eu xa tiña lido, e penso que daquela me gustara, aínda que foi hai moito tempo e non me lembro ben. Desta vez gustoume un pouco, pero tampouco demasiado. Ao ser tan confusa a narración da historia e tan curta non se lle acaba de coller verdadeiro apego a ningún dos protagonistas, aínda que se teño que escoller prefiro a Rañolas, xa que Pedriño é tan pouca cousa que é noxento ver como todo se pudre ao seu redor e el non fai nada para remedialo, só folgar, comer e comer.
Javier Domínguez Negreira (4º)
O libro non me gustou moito. Está moi ben escrito, aínda que nun galego non actual e por tanto é máis complicado de ler. Reflicte a realidade da época. Aínda así non me chegou a convencer.
Os dous mozos pasan por unha vida moi complicada e dura, algo que lle pasaba á maior parte dos galegos nesa época. Tamén fala da emigración e do duro que é. Di que a maior parte dos emigrantes fracasan.
A forma de contar a historia, mesturando un trozo da vida dun cun trozo da do outro, fai que lle perdas o fío á historia de cada un. Tamén me complicou máis a lectura porque tiña que recordar o que pasou tres ou catro capítulos antes con cada personaxe.
Nuria Calo Mosquera (4º)
2 comentarios:
Este libro debe estar moi ben, porque en galego limos un fragmento e gustoume moito.
Sí, Jenni, estou de acordo contigo, Pois, o fragmento que lemos era moi 'chulo'
Publicar un comentario