Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 22 de mayo de 2013

Coñecendo a Pedro (e a Judd)

En 1994 Pedro Zamora participa en ‘The Real World’, un programa da MTV no que un grupo de persoas comparte casa durante 6 meses. Era un xoven de 22 años de orixe cubana, homosexual e seropositivo dende os 17, que desexaba entrar para sensibilizar aos espectadores sobre a prevención e loita contra a sida. Faleceu pouco despois de finalizar a rodaxe a causa da enfermidade. A súa muerte conmocionou a todo un país, convertíndose nun símbolo de valentía e entrega aos demais. O escritor e debuxante Judd Winick foi outra das persoas que participaron naquel programa, chegando a ser un gran amigo de Pedro. Judd quiso rendirlle homenaxe creando o cómic ‘Pedro y yo’, un emocionante testimonio de amizade e loita contra os prexuizos. No Club de lectura de 3º e 4º de ESO estamos a disfrutar desta lectura. Lembrade que temos reunión este venres no recreo da mañá. Para @s interesad@s en coñecer máis sobre o libro, hai varios exemplares á vosa disposición na biblioteca, a partir da vindeira semana.



4 comentarios:

Belén dijo...

Puff... la verdad es que este vídeo sobre Pedro es muy emocionante!!
Parece un chico valiente y que ha enfrontado con mucha valentía su enfermedad, el SIDA. Y que también le ha aportado cosas sobre la vida a sus amigos, familiares y demás.

Noelia Casas García dijo...

Qué historiaza impresionante! Puf,é un rapaz moi loitador e valente.

BIBLIOTECA TRAZO dijo...

Aquí @s profes tamén estamos impresionad@s con esta historia. Un comic a ter en conta para ler en canto teñamos un pouquiño de tempo libre.

Noelia Casas García dijo...

¡E revisando o blog encóntrome con isto! Pedazo historia, pedazo cómic demasiado recomendable! :')