Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 16 de marzo de 2020

Conta de Libros (XXIX): A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz



A viaxe de Gagarin é un libro ambientado na década dos sesenta, en plena ditadura franquista, na cidade da Caruña. É a historia dun rapaz, Miguel, apaixonado polos descubrimentos no espazo, de aí o seu alcume que lle dá título á novela, Gagarin. Miguel vive cos seus pais, os cales agochan algo que lles vai cambiar a vida.
O tema paréceme interesante posto que mostra como era a vida nesa restrictiva etapa histórica.

O momento máis importante da narración, na miña opinión, é cando Miguel se namora dunha rapaza nova na vila. Mestura a vida cotiá dun mozo cos problemas persoais da súa familia, facendo a trama moito máis entretida.

En canto ós personaxes, o que máis me gustou foi o principal, Miguel. Está moi ben caracterizado tanto na época como na súa idade.

O final gustoume xa que non é o que esperaba e non lle faría ningún cambio, tampouco no desenvolvemento.

A linguaxe é moi sinxela e comprensible, polo que a lectura, a pesar de ter bastantes páxinas, se fai moi amena.

Recomendo esta lectura xa que a min me gustou e ademais, axúdache a coñecer a situación do pasado.

Paula Noya Redondo (4º ESO)

Ningún comentario: