Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 8 de mayo de 2014

Balda de Libros (LV): Matalobos, de Raúl Dans



O libro gustoume moito porque é entretido, fácil de ler.
Este libro lese rápido. Gústame o tema que trata. Porque trata de que hai persoas que che dan a súa palabra e despois non a cumpren. Os que non a cumpren acaban recibindo un castigo pola outra persoa.
A historia é entretida porque as personaxes están relacionadas entre si e algún deles nin sequera o sabe.  
A escena que máis me gustou é a do final porque se sabe a verdade. 
Non cambiaría ningún personaxe porque encaixan moi ben.
Gústame máis o final do libro porque está máis traballado.
Ten un vocabulario fácil.
Recomendo lelo, porque é un libro distinto, é de teatro. Os libros de teatro non se fan tan aburridos porque falan entre eles.
Iria Fajín Casas (4º PDC)

No hay comentarios: