Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 3 de xuño de 2024

Balda de Libros (XXXII): Servicio de urxencias, de Suso de Toro

 

Servicio de urxencias. Suso de Toro. Xerais

A min este libro gustoume moito. Aínda que non adoito ler libros de teatro e de comedia, esta obra sorprendeume e superou as miñas expectativas. Trata dun hospital un pouco distinto dos hospitais aos que adoitamos acudir porque os médicos teñen unha maneira de atender os doentes un pouco peculiar. Contén unha serie de historias entrelazadas que fan referencia a cada quenda de noite que pasaban.

Non son moitos os personaxes, pero entre eles temos un par de doutores, unha enfermeira, un celador e un xerente. Todos eles son personas que seguro che fan rir.

O meu personaxe favorito é Paulino, un dos doutores. Paréceme o máis simpático de todos e faime moita gracia cando saca a súa tarteira para comer a calquera hora da noite. Sen importarlle se son as dez, as dúas ou as seis da mañá, el sempre terá unha probiña dos callos milagreiros de súa nai á túa disposición.

Recoméndovos ler este libro xa que, como está escrito nun rexistro bastante coloquial, ten un vocabulario bastante sinxelo e fácil de entender que ameniza a lectura.

Uxía Mariño Parafita (4º ESO)

Persoalmente a miña opinión sobre o libro Servicio de Urxencias é que me parece unha obra de teatro moi doada de ler, non ten un vocabulario difícil e enténdese moi rápido. Calquera persoa da miña idade é capaz de entendelo e de que lle guste tanto como a min.

Para min este libro tivo momentos moi icónicos e graciosos pero creo que o máis interesante sería cando o exmozo de Chus se disfraza de vella para poder ir ver a súa amada.

Nesta obra trátanse temas moi diversos, como por exemplo, o amor dunha nai (cando a nai de Cipri lle trae comida), o amor nunha parella (represéntao moi ben a exparella de Chus) ou tamén a situación real que ocorre nos hospitais diariamente.

Fai unha mestura de moitos temas, pero non hai un que me pareza mellor que os outros, son todos moi interesantes e importantes a tratar e a dar a ver.

Falando do final ten un desenvolvemento bastante aberto, aí sí que faría algún cambio para que tivese un final pechado, xa que en toda a obra son historias soltas de urxencias que hai os sábados ás noites.

Este libro gustoume moito, e paréceme que todos os personaxes levan unha historia que contar ás súas costas.

Antía Bello Liñares (4º ESO)

 

Ningún comentario: