Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 21 de noviembre de 2016

Andel de Libros (V): Os escuros soños de Clio, de Carlos Casares



O que máis me gustou deste libro foi a cantidade de diferentes tipos de relatos que contén este obra de Carlos Casares. Pero o que menos me gustou do libro foi que a todos os personaxes lle  pasara algo malo, ou ben acabasen por morrer ou que fosen esquecidos dalgún xeito para sempre. Outra cousa que me gustaría sería que os relatos en si tiveran algunha relación cos demais, xa que os relatos estaban como postos aí ao chou no libro. O que si que me gustou do libro foi  as diferentes clases de persoas que hai no mundo, hoxe en día, e tamén no pasado. 

Os personaxes que máis me gustaron foron o guerreiro Orm e o xudeu Xacobe, xa que de todos os que hai no libro eles dous son os mellores. Pero non me gustou o mal que algúns dos personaxes o pasaron, por exemplo o xudeu Xacobe, que necesidade había de lle pegar ao pobre home, se el non fixera nada malo. 

Unha cousa que non acabo de entender foi, que relación ten Clío cos relatos, xa que en ningún deles se menciona nada dela. 

O vocabulario do libro paréceme sinxelo e adecuado, para ser un libro xa clásico, xa que o normal é que sexa un pouco máis difícil por esa razón. 

Este libro gustoume máis ou menos, xa que pensei antes de lelo que o libro sería doutra forma, e que os relatos tiveran relación algunha cos demais relatos. Porque así parece que estás lendo pequenos contos dentro dun só libro. Recomendaría o libro de Carlos Casares aos rapaces e rapazas da miña idade, e a esperar que lles guste.

Nerea González López (4º ESO)

No hay comentarios: