Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 16 de novembro de 2016

Andel de Libros (III): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre





O libro gustoume debido a que é de misterio no que intentan encontrar un asasino e a min gústanme as narracións de misterio. O desenvolvemento non é moi rápido xa que todo o libro é para encontrar o asasino de Lurdes. O final tamén me gustou porque cando parecía que Pepe ía matar a Ana de súpeto entra Silvia e sálvaa. Isto respecto eu dálle un toco de misterio ata o final.

O momento que máis me gustou foi cando, ao final, collen ao asasino e impiden que este matara a Ana porque foi o momento de dicir fin ao caso e porque tamén foi un momento de tranquilidade para Ana xa que estivera a punto de morrer e fora salvada. O momento que menos me gustou foi cando encarceraron a Toño porque era inocente e debeuno pasar moi mal cando intentaba explicar que era inocente e non o crían.

Eu cambiaría que o libro non empezase xa coa morte de Lurdes, porque fíxoseme un pouco raro empezar xa cunha morte ao principio.

Recomendo esta obra ás persoas que lle guste o misterio e tamén algo ás que lles guste o amor xa que Ana e Pepe namóranse.
 
Samuel Deus García (4º ESO)
  
Gustoume moito o libro xa que me gustan  moito os libros así, nos cales  un detective resolve un crime buscando pistas e ás veces correndo bastantes riscos e este é exactamente así. 

A parte que máis  me gustou foi cando estaban a punto de matar a Ana e de repente entra a axente secreta e a salva. Non lle faría  ningún cambio pero si que lle engadiría un capítulo ou  dous máis para saber como segue un  pouco e para saber que pasa coa irmá de Lulú, con Ana e cos traballadores do pub xa que non me gustou que acabase desa maneira.

O libro ten un vocabulario moi  fácil  e  é  moi  sinxelo de ler.  Eu recoméndoo xa que me gustou moito, non me aburrín nada mentres o lía e desfrutei  moito léndoo xa que está bastante interesante. Penso que lle podería gustar máis ben a nenos que a adultos xa que á parte de que ten un vocabulario moi bo de ler conta unha historia penso que dirixida á rapazada. 

Fernando José Couselo Noya (4º ESO)

Ningún comentario: