Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 13 de decembro de 2020

Balda de Libros (V): Anxos en tempos de chuvia, de Miguel Vázquez Freire




Para min, o momento máis importante do libro é cando Moncho atopa o diario de Anxos, xa que iso fai que empece coa investigación. 

O desenvolvemento do libro gustoume moito porque é moi variado, cada día pasa unha cousa diferente, ademais gustoume moito que Moncho se preocupase polo que ocorrera no accidente de súa irmá e non fixera como os demais que non querían darlle voltas ao tema.

Este libro é moi entretido e interesante porque fai que sempre teñas esa dúbida de non saber que vai pasar. Tan só lle cambiaría o final para que en vez de que non atoparan ningunha resposta despois de tanta investigación, atopasen algunha posibilidade de que pasara realmente no accidente e así, toda a busca que fixeron non sería en van, aínda que o final que ten tamén me gusta e paréceme moi orixinal e diferente. 

Non ten dificultades na lingua, pareceume bastante fácil de entender o que fai que o libro sexa de lectura rápida e entendendo todo. En resumo, o libro gustoume moito, é moi emocionante e fácil de ler. 

Lucía González Castro (3º ESO)

Este libro gustoume bastante xa que é un libro cun pouco de misterio e iso fai que che intrigue máis a historia e non poidas deixar de lela ata rematala e descubrir o sucedido sobre este grupo de adolescentes. 

Para min o momento máis importante do libro foi cando Moncho atopa o diario de Anxos na súa habitación mentras rebuscaba algo co que puidese explicarse a causa do accidente que sufriran ela e mais os seus compañeiros nunha noite de festa e este comeza a lelo e descobre todo canto facía e pensaba a súa irmá xa falecida co seu grupo de amigos, e todos os momentos vividos con eles. 

É un libro moi  doado de ler xa que non ten case ningunha complicación no vocabulario nin palabras que descoñeza.

Cambiarialle o final xa que non me convenceu de todo, porque non se chegan a resolver as dúbidas que tiña Moncho ao comezo da historia ademais de ter un desenlace bastante aberto e non descubrir o causante ou a causa desta tráxica morte. 
 
Sara González Castro (3º ESO)

Anxos en tempos de chuvia é un libro escrito por Miguel Vázquez Freire, e publicado pola editorial Xerais na colección Fóra de Xogo. Este é un libro para rapaces e rapazas de entre 13 e 14 anos. É moi fácil de entender e non ten dificultades na lectura. 

Este libro é un relato moi entretido e intrigante, pódese dicir que é un libro de misterio, porque nos fala dunha rapaza que se chama Anxos que morre nun accidente, e o seu irmán pequeno Moncho non cre a versión da policía, así que decide buscar máis probas para saber a verdade. 

A min gustoume moito e é un libro que se le bastante rápido e engancha moito. Ademais é de letra mediana - pequena e non ten debuxos, co cal a medida que vas lendo vaste imaxinando a historia na túa cabeza. Recomendo moito a súa lectura, a min encantoume. 

Sonia Muíño Riomayor (3º ESO)

Ningún comentario: