Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 13 de decembro de 2020

Balda de Libros (XIII): Os dous de sempre, de Castelao.



Os dous de sempre. Castelao. Galaxia 

O momento que me pareceu máis importante foi cando Rañolas consegue fuxir onda os moinantes porque a partir dese momento comeza unha nova vida para el, xa que por fin é libre. 

O tema pareceume interesante e entretido porque conta a historia de dúas persoas, unha delas é Pedriño que nunca fixo nada nin o sabe facer por iso lle vai todo mal e non atopa un traballo no que se sinta a gusto, a outra é Rañolas que foi quen de buscarse a vida el só e conseguiu cumprir o seu soño. 

Eu faría cambios porque hai partes que me gustaron menos ca outras e outras que me gustaría que estivesen. Tamén cambiaria o final porque non me gustou xa que morre Rañolas e porque non conta como seguiu Pedrino, se logrou atopar traballo ou non. 

O vocabulario foi fácil de entender aínda que algunhas palabras non as coñecía pero polo contexto intúese o seu significado. 

Gloria Bello Fraga (4º ESO)

Os dous de sempre foi un libro que me gustou moito, sobre todo a historio de Rañolas. A historia é moi interesante, pero na miña opinión poderían pasar aínda máis cousas como se Pedro fora para Francia, que Rañolas casara, ou cousas así. 

O momento máis importante do libro pareceume cando Pedro intenta matar a súa sogra, porque demostra que é valente. 

Creo que esta historia está bastante ben aínda que os primeiros capítulos custoume moito entendelos pero despois enganchoume e lino moi rápido. Mentres non me enganchou foime moi difícil de ler xa que está en galego doutra época. Pero recomendo o libro xa que é moi interesante a pesar que teña un vocabulario difícil. 

Se che gustan as historias da xente e o que lle pasa aínda cho recomendo máis. En conclusión, Os dous de sempre é unha novela moi interesante pero tes que entender a historia para que non che sexa moi difícil de ler. 

David Louro Rey (4º ESO)

Ningún comentario: