Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 13 de diciembre de 2020

Balda de Libros (IV): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz




Este libro gustoume moito porque me pareceu moi interesante e emocionante. Nel pasan cousas que nunca me podería chegar a imaxinar, e o non saber que vai pasar fai que a lectura se faga máis amena e rápida. 

O desenvolvemento do libro para min é moi orixinal e gustoume moito a idea de que cada un creara a súa propia historia de misterio para así poder facer máis fácil o guión. O que todas as historias teñan que ver coas pantasmas pareceume moi orixinal porque a pesar de que son historias diferentes todas teñen iso en común. 

O final que ten gústame xa que é diferente mais se o tivera que cambiar sería para que en vez de que quedaran atrapados no hostal que dalgunha maneira ou doutra lograran saír del para continuar facendo o guión para a serie que estaban a preparar. 

Enténdese bastante ben, usa unha lingua que se pode entender facilmente, non ten moitas dificultades no vocabulario polo que é fácil e rápido de ler. 

Pareceume un libro moi orixinal, gustoume moito, para min, é un dos meus libros preferidos. 

Lucía González Castro (3º ESO)

O libro é unha novela de misterio. Pareceume moi entretido porque cando terminabas un capítulo querías comezar o seguinte para saber o que ocorría despois; porque cada capítulo volvíase máis entretido que o anterior. 

O libro conta unha historia na que un grupo de guionistas, de seis persoas, vanse a un hostal para ter inspiración e facer un guión para un programa de televisión e como non saben de que o poden facer ocorrésenlles facer unha historia cada un, as cales parecéronme moi intrigantes e entretidas unhas máis que outras, nelas suceden cousas estrañas e sucesos paranormais que a min fixéronme estar en constante atención. 

Das historias que contaron todos, a mellor narrada e a mellor feita para min é a de Ruth, a súa historia trata sobre dúas rapazas xemelgas que vivían nun internado e que morren afogadas nun río e ocorren sucesos misteriosos. 

O que non me gustou tanto foi o final, porque acabou moi aberto e pode pasar calquera cousa que te imaxines. 

Valeria Vásquez Fernández (3º ESO)

No hay comentarios: