Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 13 de decembro de 2020

Balda de Libros (X): A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor



A esmorga. Eduardo Blanco-Amor. Galaxia 
 
Esta historia foi unha gran sorpresa para min, xa que tiña moi poucas expectativas sobre se me ía gustar. Ao final, engancheime moitísimo e resultou ser un dos mellores libros en galego que lin. 

A verdade é que non me gusta ningún dos personaxes, porque son todos uns patáns, ningún fai as cousas ben, ainda que iso é o que máis me gusta da historia xa que lle achega realismo. 

A miña parte preferida é o repentino final que non me esperaba para nada. Trata temas moi daquela época e ensina como era a vida por aqueles tempos. 

O libro lese rapidiño, ben é certo que o vocabulario custoume un pouco entendelo xa que é un galego da parte de Ourense ao que non estou acostumada. Ainda así, segundo vas lendo vaste afacendo a certas palabras. 

Eu creo que para ler este libro é necesario informarse un pouco de como está narrado, xa que de primeiras pode resultar confuso. Considero esta historia moi dramática, así que se este é o teu estilo invítote a lelo. 
 
Lorena Becerra Varela (4º ESO)

Ningún comentario: