Esta é unha historia moi bonita e tradicional, xa que conta o día a día dun neno desa época de forma moi realista.
O meu momento preferido é cando Balbino lle dá o seu caderno ó fillo do seu xefe, considero este o momento máis importante xa que é o final das súas memorias.
O meu personaxe preferido é Balbino xa que o ser o protagonista chegas a empatizar moito con el.
Respecto ao tema do libro, conta moi ben a forma de vivir daquela época e resúltame curioso comparalo coa actualidade, xa que é un cambio drástico en todos os aspectos.
O final é moi axeitado, encántame ver como vai crecendo Balbino ata converterse nun home, para min era necesario que marchara da aldea xa que creo que así é moito máis feliz.
É un libro moi fácil de ler, ten un vocabulario moi sinxelo, aínda que ás veces pode resultar algo antigo, pero enténdese perfectamente.
Recoméndolle este libro a todas as persoas que lles guste ler diarios, porque a historia de Balbino é única.
Lorena Becerra Varela (4º ESO)
Eu non faría ningún cambio pero se o tivera que facer cambiaría o final porque Manolito era un desgraciado e andábao insultando e meténdose con Balbino todo o tempo.
Para a miña opinión o tema do libro foi interesante porque a min non me aburriu nada o contido. Houbo algunhas partes do libro que foron difíciles de entender pero outras entendíanse perfectamente.
O meu personaxe favorito é Balbino porque gústame moito, sobre todo cando lle lanzou a pedra a Manolito.
Eu recomendaría este libro para a xente que lle guste ler moitas páxinas con contido moi interesante, se es unha persoa que non lle gusta ler libros con moitas páxinas este non é o teu libro.
Adrián Esmorís Noya (4º ESO)
O libro ten un vocabulario moi sinxelo e fácil de entender, non hai case ninguna palabra que non entendas, e polo tanto entendes moi ben a historia do libro.
O final para min é axeitado porque Balbino estaba cansado de que sempre lle botaban a culpa sen tela, e cando lle tira a pedra a Manolito ten parte de culpa pero non toda, pero o problema é que a culpa botáronlla a el, e chega un momento no que se cansa e séntese obrigado a facer o que fixo.
Anxo Lamas Liste (4º ESO)
A min este relato pareceume interesante porque co que conta dá a entender como se vivía nesa época, como era a sociedade, as familias, a emigración que había.
A esta narración a verdade é que non se lle pode facer ningún cambio porque está moi ben estruturado e relatado, un final tan axeitado como realista.
Por outra parte falando da lingua, en si foi fácil de entender, había algunha palabra que non era sinxela polo feito de non estar habituado a ela, pero en xeral entendíase xenial. Recomendo totalmente este libro.
Daniel Martínez Calvo (4º ESO)
O momento máis interesante foi cando Balbino marchou da casa e toda a aldea estaba en busca del e foi o seu can quen o encontrou. Tamén me gustou moito a parte onde estaban de festa pero Balbino e a súa familia non podían ir a elas debido a que estaban de loito.
O tema paréceme moi interesante e ao mesmo tempo emocionante pola vida que leva o neno, que sendo un neno levántase moi cedo para sacar o gando. Non cambiaría nada desta historia. A lingua pareceume difícil só que segundo ías lendo ías entendendo.
Sara Pena Gutiérrez (4º ESO)
O final axeitado e tan só cambiaría que non morrera o padriño.
Foi unha lingua fácil de entender porque algunhas palabras que custa entender sábense polo contexto, por iso está ben.
É un libro moi interesante, emocionante, conta moitas historias que lle pasan, sempre queres saber o que vai pasar con Balbino porque está metido en todos os problemas que hai.
Martín Rivas Súarez (4º ESO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario