Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 10 de marzo de 2016

Balda de Libros (XXXV): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey


A Pomba e o Degolado. Fina Casalderrey. Xerais

A min gustoume porque trata de cousas cotiás, que lle poderían pasar a calquera. Penso que o momento máis importante é cando por desgraza lle morre o avó a André, porque é un momento moi triste e sentimental. Creo que non cambiaría nada da historia, porque quizais perdería algo de sentido.


Dentro da gran obra desta escritora galega, é dos mellores que lin. Houbo personaxes que non me gustaron, como os abusóns, pero eses danlle o toque realista. Con todo, outros parecéronme moi reais, como André, Halima ou Curro. O que menos me gustou foi que dun día para o outro se deixase de falar con Curro, posto que iso non pasa moi a miúdo.

O final paréceme axeitado, non todo ían ser desgrazas, pobre rapaz senón, aínda que era fácil de deducir, creo eu, quen era a Pomba. 

Eu recomendaríallo a alguén ao que non lle gusten os finais tristes e si as historias realistas e de amor.

Lucas Paz González (3º ESO)

No hay comentarios: