Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 6 de marzo de 2013

Andel de Libros (XXX): Males de cabeza, de Fran Alonso





O libro está bastante ben, ten relatos cun contido bastante variado, e sobre todo con historias bastantes reais e cercanas a nós.  Ao dicir cun contido bastante variado, quero dicir un contido que vai dende unha chamada defendendo o galego, ata cans, pasando polo fútbol e as distintas ideoloxías…
O relato que máis me gustou foi o de “Os aforros da vella”, xa que me pareceu moi graciosa a historia en si, porque que lle dera un infarto á vella protagonista só porque a caixa de aforros se traslada é moi gracioso.
O relato que menos me gustou foi o de “A tolemia é un sombreiro” xa que, ao estar dividido en anacos e no medio ter outros relatos, unha non se entera un moi ben de que vai.

Rocío Villasenín Bello (4º)