Os dous de sempre. Castelao. Galaxia
Os
dous de sempre conta a historia de dous rapaces, que ao final do
libro acaban sendo homes. Que se levaban moi ben, e non se enfadaron
nunca. Un chámase Pedriño, que era un pouco "pasota", e
non quería facer nada, que a min non me gustaba moito, e outro
chamábase Rañolas, que a min era o que mais me gustaba, xa que a
pesar de que non tiña pais, e tampouco pernas, sempre quería seguir
coa súa vida, pero ao final consegue poñer unhas pernas
ortopédicas. Se queres saber máis sobre esta novela tes que lela.
Agora
vou dar a miña opinión sobre esta historia. A verdade é que me
parece unha historia bastante entretida, aínda que lle cambiaría
algunhas cousas, por exemplo, que fala dalgúns temas como o
suicidio, sen ningún tipo de pudor, e pode ser que a algunhas
persoas que ao mellor tiveron que pasar por iso, que lle afecte.
Tampouco me acaba de convencer que sexa un libro bastante longo, e
moi repetitivo, o que fai que ás veces a narración se faga algo
aburrida.
Ten
un vocabulario ao principio algo complicado, pero despois xa é máis
sinxelo a medida que avanza a historia, e iso fai que ao final sexa
bastante fácil de comprender.
Zaira
Antelo Iglesias (4º ESO)
Os dous de sempre é unha
obra moi entretida é sobre todo bonita, conta a vida de dous amigos
dende que eran pequenos ata maiores.
Paréceme
moi triste a vida do pobre Rañolas, xa que me dá a sensación de
que é moi bo neno, e por culpa da súa discapacidade non pode vivir
a vida como se merece, ademais de que se ten que buscar a vida como
pode. Pero logrouno xa que lle foi ben coa súa reloxería. Dáme
moita mágoa que ao final se suicidara xa que merecía vivir unha
vida máis feliz.
Pedriño
paréceme todo o contrario, é mal rapaz desde pequeno, cando eran
pequenos sempre se aproveitaba da inocencia de Rañolas. De maior
seguía sendo igual é só pensaba en si mesmo, nunca nos demais.
O
meu personaxe favorito é Rañolas polo seu bo corazón, e tamén
porque a pesar das súas dificultades nas súas pernas seguiu adiante
para gañarse a vida aínda que ao final se suicidara pola
súa dor.
O
personaxe que menos me gustou foi a nai de Filomena, xa que me parece
moi mal falada é con
pouco respecto.
Pedriño
tampouco me gustaba moito porque se aproveitaba da inocencia dos
demais sobre todo cando ameazou a súa muller para ter respecto. Ao
final sempre acababa logrando todo o que el quería facer.
Nuria Recouso Pena (4º ESO)
A miña valoración persoal deste
libro é que me gustou moito xa que vai narrando a vida de Pedriño e
Rañolas. Ademais é fácil de ler xa que o seu léxico é moi
sinxelo. Tamén ten os capítulos curtos polo que non te cansas de
ler. Tamén é moi entretido polo que se le rapidamente sobre todo se
che gusta ler este tipo de narracións.
O
momento que máis me gustou foi cando Rañolas e Pedriño se volvían
a reencontrar xa que levaban tempo sen verse, e cando contan como lle
foi a vida nese período de tempo no cal non se vían. Pola contra, o
que menos me gustou deste libro era o trato que lle daba a nai de
Filomena, a sogra de Pedriño, a Pedro xa que o insultaba e dicíalle
que era un larchán.
O
meu personaxe preferido é Rañolas xa que era moi traballador e se
buscaba a vida como podía. Pedriño non me gustou tanto xa que
sempre esperaba a que súa tía lle mandase comida e tamén esperaba
ter cartos sen facer nada polo que cando ía traballar lle era
imposible durar unhas semanas nese posto.
Valeria
Grela Bello (4º ESO)
Este
libro cóntanos a interesante vida de dous rapaces: Pedriño e
Rañolas, totalmente diferentes.
Un
dos rapaces, neste caso Rañolas, ten unha personalidade loitadora,
intenta conseguir sempre o que quere a pesar da súa discapacidade,
axudándose tamén da súa intelixencia. En cambio o outro rapaz,
Pedriño, a pesar de todas as súas facilidades decide non perseguir
ningún soño e despreocuparse do seu futuro.
Nesteas
escenas tamen interveñen outros personaxes como a tía de Pedriño,
a muller de Pedriño… personaxes secundarios pero que lle dan
interese á historia.
Para
min o momento máis importante foi cando Rañolas se suicida, xa que
é un momento moi tráxico, e mais pensando os motivos polos que
tomou esa decisión e relacionándoos coa vida real, xa que no día a
día iso tamen ocorre.
Foi
moi interesante e emocionante ir lendo as aventuras de cada un dos
rapaces ata que se fan adultos. Penso que non cambiaría ningún
momento do libro xa que está moi ben como está. Non é nada
complicado de ler e animo á mocidade e á xente máis maior a lelo.
Carla
Lema Domínguez (4º ESO)