Pincha en los enlaces
http://www.xtec.cat/~jgenover/predic1.htm
http://www.xtec.cat/~jgenover/predic2.htm
luns, 18 de marzo de 2019
Andel de Libros (XXVI): Made in Galiza, de Séchu Sende
Este
libro gustoume moito e foi moi entretido. Pareceume moi divertido por
estar feito por moitos contos máis pequenos. É dicir, aínda que
teña sempre algo en común (a defensa da lingua galega), as
historias son totalmente diferentes. Os capítulos son moi pequenos e
lense moi rápido.
Houbo unha historia que me gustou moito a pesar de ser moi breve, ía sobre namorarse, e como o fixeran dúas
persoas. Faría de cambios que, xa que se está a defender o galego,
poñer menos contos noutros idiomas, por exemplo o castelán, xa
que hai varios que falan en castelán. Aínda así, gustoume moito.
Séchu sabe moi ben como poñerse na pel dos protagonistas (porque en
cada historia hai uns diferentes), e faicho pasar moi ben mediante a
lectura.
O libro é moi emocionante, e ás veces tamén contraditorio,
por exemplo, nun capítulo defende moito a lingua galega, e noutro, pola contra, fala todo o tempo en castelán, supoño que isto estará
feito adrede para que nos decatemos.
É un libro que lle recomendo a
calquera persoa de calquera idade e ten unha lingua moi fácil de
entender.
Tania Villasenín Bello (4º ESO)
A min o libro Made
in Galiza pareceume xenial e foi un dos libros que máis me gustou ata agora xa
que toca un tema moi vixente no galego e faiche reflexionar bastante.
Non se
trata dun libro ao que estemos acostumados porque non consta dun principio, nó
e desenlace, senón que é un conxunto de relatos. Relatos moi pequenos e cunha
lingua moi sinxela polo que son moi fáciles de ler, cada un cuns personaxes
diferentes: uns vellos, outros novos, uns reais, outros imaxinarios... pero
todos teñen un tema común que é a lingua.
Penso que o que pretendeu Séchu Sende
ao escribir esta obra era facer chegar aos seus lectores o que lle está
acontecendo ao galego xa que é unha lingua minoritaria e estase vendo invadida
polo castelán, e facernos reflexionar sobre iso para que tentemos difundila e
coidala ó máximo posible para que non desapareza.
Paula Lema Domínguez (4º ESO)
Este libro gustoume moito, é moi interesante e entretido. Son un conxunto de relatos de diferente temática. Ten unha linguaxe moi doada de entender polo que se le moi rápido e sen problema.
Neste libro non hai relación entre portada e contido, na portada aparecen unhas bombonas cunhas caras pintadas e no libro non aparece isto.
Este obra recibiu un premio, o chamado premio Anxel Casal. Xusto llo deron no ano en que se publicou, en 2007. Foi o mellor libro do ano.
O relato que máis me gustou de este libro foi “A agulla de marear “ porque me pareceu moi divertido.
En canto aos personaxes, un dos que máis me gustou é o rapaz de "A agulla de marear", porque foi o relato que máis me gustou. Outro personaxe que tamén me gustou moito foi Luis de "Fixen unha ouiha co espirito de Castelao", porque foi moi gracioso que acabara falando o galego.
Recomendo este libro sen dúbida ningunha porque seguro que lle vai encantar a todo aquel que o lea.
Damián Regueiro Liste (4º ESO)
Andel de Libros (XXV): Miss Ourense, de Bieito Iglesias
Este libro foi moi interesante porque cada historia
enganchábate moito mais debido aos casos ían sucedendo.
Para min o momento máis importante desta historia foi cando o protagonista resolveu os 3 problemas.
A min o personaxe
que mais me gustou foi o detective xa que resolvía os problemas moi facilmente
e sen ningún problema. Os outros personaxes que mais me gustaron foron Claudina
e mais o seu home xa que lle axudaron moito ao detective a resolver un dos
crimes e en concreto non teño ningún personaxe que non me gustara.
Sobre o seu
desenvolvemento non cambiaría nada porque para min persoalmente penso que este
libro está ben escrito. E sobre o final poñeríalle a cada historia unha distinta.
Con respecto á lingua para min non foi moi difícil de entender xa que penso que ten
unha vocabulario bastante xeral.
Eu recomendaríallo a persoas que lles gusten
os temas sobre os crimes.
Alejandro Vásquez Fernández
(4º ESO)
A min o momento
máis importante do libro pareceume a escena no que entra a rapaza e está o
detective dentro falando coa muller de
Aquilino sobre o seu asasinato e se había algunha persoa que lle tivese tirria,
entón entrou a rapaza cunha roupa demasiado inadecuada para o momento no que
mataron a o seu pai. Este momento paréceme o mais importante porque é o que
mais me gustou xa que a rapaza é moi "pasota", así coma nós.
Polo demais, parécenme unhas
historias moi interesantes e gustáronme moito, só que custa moito comprender o
que está a contar en cada momento xa que a lingua é moi complicada, cambiaría a
linguaxe do conto porque era moi custoso seguir a trama.
O final pareceume axeitado xa que conseguiron resolver os asasinatos dos asasinados.
Eu este libro só o recomendo para persoas maiores de 19
anos xa que na miña opinión é moi doado de entender para elas, pois como xa dixen a lingua era demasiado complicada para as a nosas idades.
Alicia González
Lage (4º ESO)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)