Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 10 de xuño de 2021

Book tráiler (XC): O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira. Realizado por Ainhoa González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira (col. Árbore. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Ainhoa González Iglesias, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXIX): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Ainhoa González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Ainhoa González Iglesias, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XXVII): O bufón d’El Rei. Vicente Risco

 


O bufón d’El Rei. Vicente Risco. A Nosa Terra / AS - PG

Esta obra do autor Vicente Risco gustoume moito pero non me esperaba o final.

O momento máis importante pareceume cando o Bufón fala co Capitán, porque perdóanse un a outro e o Capitán pídelle un favor ao Bufón. Tamén me parece outro momento moi importante cando o Bufón lle di o da amante ao Rei porque grazas a iso detén a Raíña, en fin eses dous momentos parécenme os máis interesantes da obra.

Os personaxes paréceme que están ben, o meu personaxe preferido é o Bufón porque a pesar de ser malo, e de estragarlle a vida ao seu irmán no fondo paréceme boa persoa, xa que lle concede o ultimo favor ao seu irmán.

Lese bastante rápido pero non engancha moito, xa que o Bufón fala durante moito tempo sen achegar nada.

Foi un libro fácil de ler aínda que algunhas palabras non se entendían moito xa que é unha obra clásica.

Cambiaría o final para que seguira e durara a obra un pouco máis e fora máis interesante.

Recomendo este libro porque a min gustoume moito e é divertido. 

David Louro Rey (4º ESO)


Balda de Libros (XXVI): Mentira, de Care Santos

 


Mentira. Care Santos. Edebé

Este libro gustoume bastante xa que fala dunha historia que pode acontecer na realidade porque as redes sociais cumpren unha función moi importante nas nosas vidas. Penso que o libro nos avisa de que debemos ter coidado de con quen falamos pola rede xa que nos poden mentir como ben conta o libro.

Ao principio presenta a miña personaxe favorita como Marcelo, un rapaz que lle minte a Xenia xa que se fai pasar por outra persoa totalmente diferente. Despois ao Xenia saber a verdade este personaxe sabemos que en realidade é Eric.

A min a personaxe de Marcelo non me gusta nada pero a de Eric si xa que a súa historia faime reflexionar bastante. Non pensaba que Eric sería así sorprendeume bastante xa que é un neno que sufriu bastante por mor da súa familia.

O libro enténdese moi ben xa que o seu vocabulario é moi sinxelo á hora de ler.

Como me gustou tanto este libro non dubidei en empezar a ler Verdade a segunda entrega desta serie de libros, xa que continúa coa historia de Eric.

O libro recomendaríallo a nenos adolescentes sobre todo xa que os personaxes están enfocados en persoas desta idade.

O final está bastante ben pero para saber de verdade como acaba o libro vou ler os dous seguintes que continúan a este narración tan sorprendente.

Ana Señarís Veiras (3º ESO)


Balda de Libros (XXV): Iridium, de Francisco Castro

 

Iridium. Francisco Castro. Galaxia

A min este libro gustoume moito xa que fala dunha enfermidade como é o dano cerebral adquirido, o que é o mesmo a DCA. E cóntanos como convive con el Iris, a protagonista do libro.

A narración pareceume moi interesante xa que ao igual que lle pasou a ela, o do DCA ,tamén nos pode pasar a nós isto dun día para outro.

Gustoume o desenvolvemento que dixo Francisco Castro aínda que lle engadiría que sucedese algo entre Chechu e Mario.

Durante todo o libro usa unha lingua sinxela, que o fai fácil de entender.

Eu recoméndovos ler este libro xa aprendes cousas ao tempo que o estás lendo e tamén é moi sinxelo de ler.

Iria Castro Noya (3º ESO)

O libro Iridium pareceume un libro moi interesante porque se mete na pel dunha adolescente e iso atrae máis aos lectores/lectoras adolescentes, á parte de ser moi fácil de ler porque contén vocabulario mais informal o cal axuda a entender mellor a historia.

Ademais as personaxes están moi ben desenvolvidas porque perfectamente pódeste imaxinar esas personaxes.

Unha cousa que me pareceu moi orixinal deste libro é que conteña conversacións de wassap e ademais que conteña correos electrónicos. Outra cousa moi sorprendente deste libro é que podes sentir as emocións de Iris (a protagonista).

En resumo, deste libro non cambiaría nada, ao mellor meteríalle unha pequena historia de amor entre Iris e Mateo pero aínda así paréceme un libro de 10 o cal debería ser lido por máis persoas.

Por último, algo que non dixen foi que no libro trata un tema tan serio que é a DCA, unha cousa que me gusta xa que é un trastorno moi forte e o trata como algo moi duro pero á vez que se pode levar.

Paula Moar Iglesias (3º ESO)

A min este libro gustoume moito porque fala dunha nena que tivo un accidente e consegue superalo, tamén me gusta porque conta a vida dunha adolescente e nalgunhas partes do libro represéntame como adolescente.

A miña personaxe favorita é Iris porque conta a súa vida e aínda con problemas consegue superar todo o que se propón.

Este libro eu recoméndollo a calquera persoa porque é unha novela moi interesante e entretida, a única "pega" que lle podería engadir sería que ten poucas paxinas e acabas de lelo nunha tarde. Tamén me gustou moito deste libro o realista que chega a ser nalgúns momentos e tamén conta unha historia de amor entre Iris e un rapaz.

A miña parte favorita é o final, como xa dixen pareceume moi sinxelo de ler e recoméndollo a calquera persoa que lle guste e interese ler, ademais é demasiado curto e entretido, o vocabulario é todo moi sinxelo e enténdese todo á perfección.

Darío Sánchez Liste (3º ESO)

Este libro na miña opinión está moi ben. Pareceume moi interesante, sobre todo entretido e á súa vez moi conseguido. Cando comezas a ler a historia non podes parar, porque cada capítulo é único. O final da historia, na miña opinión, é un pouco aberto, pero está bastante ben. O autor definiu moi ben os personaxes coma se fosen adolescentes destes tempos, as súas características ben definidas, a forma en como falan e se relacionan entre eles etc… O detalle de que houbese unhas páxinas coas representacións dos diálogos no Whatsapp pareceume moi divertido e a verdade é que me gustou moito.

A lingua que emprega o autor deste libro é bastante sinxela, porque nela non se atopa case ningunha palabra que sexa difícil de comprender.

En resumo este libro é moi recomendable para todo tipo de persoas independentemente da súa idade.

Valeria Vásquez Fernández (3º ESO)