Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 10 de xuño de 2021

Balda de Libros (XXV): Iridium, de Francisco Castro

 

Iridium. Francisco Castro. Galaxia

A min este libro gustoume moito xa que fala dunha enfermidade como é o dano cerebral adquirido, o que é o mesmo a DCA. E cóntanos como convive con el Iris, a protagonista do libro.

A narración pareceume moi interesante xa que ao igual que lle pasou a ela, o do DCA ,tamén nos pode pasar a nós isto dun día para outro.

Gustoume o desenvolvemento que dixo Francisco Castro aínda que lle engadiría que sucedese algo entre Chechu e Mario.

Durante todo o libro usa unha lingua sinxela, que o fai fácil de entender.

Eu recoméndovos ler este libro xa aprendes cousas ao tempo que o estás lendo e tamén é moi sinxelo de ler.

Iria Castro Noya (3º ESO)

O libro Iridium pareceume un libro moi interesante porque se mete na pel dunha adolescente e iso atrae máis aos lectores/lectoras adolescentes, á parte de ser moi fácil de ler porque contén vocabulario mais informal o cal axuda a entender mellor a historia.

Ademais as personaxes están moi ben desenvolvidas porque perfectamente pódeste imaxinar esas personaxes.

Unha cousa que me pareceu moi orixinal deste libro é que conteña conversacións de wassap e ademais que conteña correos electrónicos. Outra cousa moi sorprendente deste libro é que podes sentir as emocións de Iris (a protagonista).

En resumo, deste libro non cambiaría nada, ao mellor meteríalle unha pequena historia de amor entre Iris e Mateo pero aínda así paréceme un libro de 10 o cal debería ser lido por máis persoas.

Por último, algo que non dixen foi que no libro trata un tema tan serio que é a DCA, unha cousa que me gusta xa que é un trastorno moi forte e o trata como algo moi duro pero á vez que se pode levar.

Paula Moar Iglesias (3º ESO)

A min este libro gustoume moito porque fala dunha nena que tivo un accidente e consegue superalo, tamén me gusta porque conta a vida dunha adolescente e nalgunhas partes do libro represéntame como adolescente.

A miña personaxe favorita é Iris porque conta a súa vida e aínda con problemas consegue superar todo o que se propón.

Este libro eu recoméndollo a calquera persoa porque é unha novela moi interesante e entretida, a única "pega" que lle podería engadir sería que ten poucas paxinas e acabas de lelo nunha tarde. Tamén me gustou moito deste libro o realista que chega a ser nalgúns momentos e tamén conta unha historia de amor entre Iris e un rapaz.

A miña parte favorita é o final, como xa dixen pareceume moi sinxelo de ler e recoméndollo a calquera persoa que lle guste e interese ler, ademais é demasiado curto e entretido, o vocabulario é todo moi sinxelo e enténdese todo á perfección.

Darío Sánchez Liste (3º ESO)

Este libro na miña opinión está moi ben. Pareceume moi interesante, sobre todo entretido e á súa vez moi conseguido. Cando comezas a ler a historia non podes parar, porque cada capítulo é único. O final da historia, na miña opinión, é un pouco aberto, pero está bastante ben. O autor definiu moi ben os personaxes coma se fosen adolescentes destes tempos, as súas características ben definidas, a forma en como falan e se relacionan entre eles etc… O detalle de que houbese unhas páxinas coas representacións dos diálogos no Whatsapp pareceume moi divertido e a verdade é que me gustou moito.

A lingua que emprega o autor deste libro é bastante sinxela, porque nela non se atopa case ningunha palabra que sexa difícil de comprender.

En resumo este libro é moi recomendable para todo tipo de persoas independentemente da súa idade.

Valeria Vásquez Fernández (3º ESO)

 

Ningún comentario: