Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 13 de marzo de 2015

Andel de Libros (XXI): O país adormentado, de Xabier P. DoCampo



O país adormentado, Xabier P. DoCampo, Xerais

A min non me gustou nada este libro a pesar de que o autor gañara varios premios con el. Paréceme un libro moi aburrido, porque as historias, os contos, e as accións pasan demasiado lentamente. 

O principio do libro non o entendín moi ben, seguramente pola forma na que se narran as accións no libro. 

Na miña opinión a historia que se conta está moi mal desenvolvida porque están nun lugar e de súpeto entran noutro que é totalmente diferente. 

Para min, a mellor parte foi cando Aurora coñece a Pansel xa que ese momento si que está ben explicado e é a axuda que necesitaban Aurora e os seus compañeiros para conseguir o imposible. 

O libro mellora ao final porque as historias ocorren máis rápido e iso é o que che anima a seguir lendo, porque se son lentas abúrreste e xa non queres ler máis. Por esta razón, eu non llo recomendaría a ninguén.

Xosé Barreiro Hernández (3º ESO)

Andel de Libros (XX): Exogamia 0.3, de Ramón Caride



Este libro pareceume moi interesante porque o autor escribe 6 relatos nos que reflicte cousas que están pasando no noso mundo e nós non nos damos de conta.

Un mundo onde a xente é racista, só importa o diñeiro, hai moitos enganos, xente egoísta que namais pensa en si mesma.

1. "Reciclado": Moi interesante pero un pouco curto.

2. "Natural": Foi o relatoo que menos me gustou porque é demasiado aburrido.

3. "Mnemotécnica": Gustoume moito porque fala do deporte.

4. "Heteroxénico": Un pouco aburrido ao principio pero despois xa me gustou máis.

5. "Observador": Gustoume porque trata sobre mutacións e gústanme os libros que tratan sobre ese tema.

6. "Aleatorio": Pareceume moi aburrido.

O libro tamén foi moi fácil de ler e comprender e ten moitas ensinanzas, pero pareceume un pouco breve. Recomendaríalle este libro a todas as persoas para que se desen de conta do que está ocorrendo no mundo.

Manuel Vázquez Noya (3º ESO)

Andel de Libros (XIX): Chámabase Luís, de Marina Mayoral



O libro que lin é Chámabase Luís, a min persoalmente gustoume moito porque o tema do que fala son as drogas, e gustoume como a autora fala sobre Luís e a súa familia e os problemas que teñen.

Este libro ademais é moi interesante porque ten algún misterio e algunha intriga no momento en que lle rouban a moto ou cando falan os seus fillos que non te esperas que vaian falar e non sabes o que van dicir.

A min un personaxe que me gustou foi a nai de Luís porque matábase a traballar para darlle de todo e non se enfadaba con el, pois era moi comprensiva. Non me gustou que os irmáns de Luís non quixeran saber nada del porque fora drogadicto, pois tamén é persoa. 

Para min o momento máis interesante foi o final cando falaban os seus fillos porque falaban de seu pai e deles cando eran pequenos e ademais agora de maiores.

José Luís Mirás Otero (3º ESO)