O libro que lin é Chámabase Luís, a min persoalmente gustoume moito porque
o tema do que fala son as drogas, e gustoume como a autora fala sobre Luís e a
súa familia e os problemas que teñen.
Este libro ademais é moi interesante
porque ten algún misterio e algunha intriga no momento en que lle rouban a moto
ou cando falan os seus fillos que non te esperas que vaian falar e non sabes o
que van dicir.
A min un personaxe que me gustou foi a nai de Luís porque matábase a traballar
para darlle de todo e non se enfadaba con el, pois era moi comprensiva. Non me gustou
que os irmáns de Luís non quixeran saber nada del porque fora drogadicto, pois tamén é persoa.
Para min o momento máis interesante foi o final cando falaban
os seus fillos porque falaban de seu pai e deles cando eran pequenos e ademais agora de maiores.
José Luís Mirás Otero (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario