Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 7 de xuño de 2022

Book tráiler (CXIX): A casa da luz, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa da luz, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas (col. Sopa de Libros. Xerais, 2002). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXVIII): Rastros, de Roberto Vidal Bolaño. Realizado por Iria Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra de teatro Rastros, de Roberto Vidal Bolaño (col. Teatro. Positivas, 1998). Realización youtubeira: Iria Castro Noya, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXVII): Matilda, de Roald Dahl. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Matilda, de Roald Dahl, tradución de X. Miguel Barros (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

domingo, 5 de xuño de 2022

Book tráiler (CXVI): A casa do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 2016). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XXXI): Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala

Atranco no banco. Manuel Núñez Singala. Galaxia 

Para min este libro é moi interesante debido a que dende o meu punto de vista ten moi bos personaxes e todos contan cun protagonismo bastante parecido, quitando a muller de Serafín que aparece algo menos, ademais a introdución dos personaxes parece moi boa sobre todo a dos atracadores. 

O tema é moi entretido debido a que constantemente está pasando algo importante e ademais disto ten constantemente momentos cómicos que acompañan moi ben a obra. 

E para min foi un libro bastante sinxelo de ler debido a que non ten unha linguaxe para nada complicada e ademais é un texto curto e coas letras bastante grandes. 

É un libro moi divertido porque ten moitos chistes e neste sentido é moi recomendable porque se queres botar unas risas pois eu ata lendo no libro boteinas. 

Definitivamente eu recomendo esta obra porque para min foi o libro máis gracioso que lin e ademais é moi entretido durante toda a historia e ten un final moi bo na miña opinión. 

Raúl Ferreira Parente (4º ESO)

Persoalmente o momento que me pareceu máis importante foi cando Serafín colleu a pistola de fogueo que lle regalara Lois e apuntou a Rafael con ela, porque grazas a que Serafín espertara foron capaces de abrir a porta, xa que grazas a ser o director do banco tiña a chave e colaborou cos ladróns intentando abrir a caixa forte.

Pareceume unha obra de teatro moi entretida e emocionante, xa que nunca te aburres e en todo momento estás con gañas de saber o que vai pasar a continuación. 

Se tivera que facer algún cambio no libro sería o final, porque creo que o libro remata cun final demasiado aberto que te deixa con gañas de saber que pasou ao final. 

Este libro é moi fácil de ler, xa que non usa un vocabulario moi complicado e ademais é un libro moi curto que se le en pouco tempo.

Pablo Codesido Fernández (4º ESO)

Book tráiler (CXV): O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira (col. Árbore. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXIV): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

sábado, 4 de xuño de 2022

Book tráiler (CXIII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXII): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXI): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CX): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CIX): Formigas, de Tucho Calvo. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Formigas, de Tucho Calvo (col. Mandaio. Biblos, 2012). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XXX): Papiroflexia, de Fernando Castro Paredes

Papiroflexia. Fernando Castro Paredes. Galaxia 

A min este libro gustoume moito, por unha parte penso que é sinxelo de ler polo simple motivo de que sexan tres historias diferentes, pero por outra tamén opino que estaría ben que fose unha obra cunha soa historia. 

O autor destas historias é Fernando Castro Paredes, este é o primeiro libro que lin deste autor, aínda que xa tivera oído falar doutros libros deste como A Derradeira Bala

Gústame como nomea as personaxes porque así son máis fáciles de aprender sobre todo para lembrar na lectura. 

En canto á linguaxe paréceme un libro moi sinxelo de ler e cun vocabulario actual, tamén me chama a atención os temas que intenta reflectir nas historias. Se tivera que escoller unha historia escollera a terceira porque foi a que máis me chamou a atención. 

En conclusión a min persoalmente esta obra gustoume moito, enganchoume e lino moi rápido. 

Sonia Muíño Riomayor (4º ESO)

Conta de Libros (XXIX): O heroe, de Manuel Rivas

 

O heroe. Manuel Rivas. Xerais 

Este libro gustoume bastante, xa que dende o comezo da historia aparecen diferentes cuestións que te vas formulando, e que durante a lectura vas descubrindo. Enganchoume bastante, por isto mesmo, xa que queres saber quen son e que fixeron os diferentes personaxes que van aparecendo mentras transcorre esta historia.  

O tema da obra foi do meu agrado, á parte que ten trazos de ironía e sitúanos nunha época do pasado. 

O momento máis importante do libro para min, tamén xunto a un dos que máis me gustou foi o final, xa que non o esperaba así.  

O meu personaxe favorito é Arturo Piñeiro, alias Caronte xa que é un home moi sabio e carece de medo. Paréceme un home moi forte e valente ante calquera circunstancia que o poida sobrepasar. 

Non lle faría ningún cambio xa que me parece que está moi ben, tamén ao estar escrito como obra teatral faino mais dinámico.  

Lese rápido e sen problemas, aínda que no vocabulario hai algunhas palabras que non acabo de entender ben, mais conforme vas lendo, co contexto do texto podes comprendelo sen problemas.  

Sara González Castro (4º ESO)

Book tráiler (CVIII): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Realizado por Valeria Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Valeria Grela Bello, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CVII): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Realizado por Irene Arnejo González

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Irene Arnejo González, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CVI): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Noelia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Noelia Martínez Rodríguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CV): Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Noelia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Noelia Martínez Rodríguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XXVIII): A casa do medo, deAgustín Fernández Paz

A casa do medo. Agustín Fernández Paz. Rodeira 

Este libro pareceume moi interesante e entretido, porque cando menos o esperabas ocorríalle algo novo que facía que estivese envolto nunha aventura nova e máis divertida ca anterior e con máis sucesos emocionantes e intrigantes. 

Tamén non se enreda con cada historia que conta, o cal fai que sexa máis fácil de ler. 

Eu persoalmente só lle faría un cambio a este libro e esa mudanza sería cambiar un pouco o principio, pois cando empezas a ler é moi aburrido e case che quita as ganas de lelo e de continuar a historia. Pero despois cando estás pola metade empezas a coller interese pola intriga, por saber que vai pasar a continuación e por ver que aventura lle ocorrera despois desa. 

O protagonista que máis me gustou foi a filla da Maga porque é aventureira como o protagonista e compadécese dos demais pola sua empatía. 

O vocabulario deste libro é axeitado, porque conta as historias con palabras sinxelas e moi fáciles de entender. 

 Íker Señarís Suárez (3º ESO)

Conta de Libros (XXVII): O Raio Veloz, de Agustín Fernández Paz

O Raio Veloz. Agustín Fernández Paz. Oxford 

A min este libro pareceume moi interesante e entretido porque Adrián é unha persoa moi amable e empática, xa que decide axudar as persoas, por exemplo a muller que estaba triste porque pensaba que a deixara o mozo e por iso lle quería devolver todos os regalos que lle fixera, el ao ver isto cambiou a carta para que volvesen a estar xuntos e felices. 

O meu personaxe favorito é Adrián xa que a pesar de que tiña un risco enorme de perder o seu emprego se a súa xefa se decataba de que abrira os paquetes e cambiara o seu contido varia veces non podería facer nada por salvar o seu traballo, pero a pesar diso el fíxoo para facer felices as persoas e rapaces a quen eran dirixidos eses paquetes. 

A min neste libro paréceme que non lle fai falta ningún cambio, agás que podería haber máis personaxes para falar xa que só hai dous importantes nesta historia e dá moi pouco para dialogar. 

O final pareceume moi sorprendente porque revela que a persoa que lle enviara eses paquetes misteriosos e lle pedira unha cita fora a súa xefa Rosa, cando revelou quen era foi algo que me sorprendeu bastante xa que non mo esperaba para nada. 

Sergio Señarís Suárez (3º ESO)

Book tráiler (CIV): Somos os monstros, de Paula Carballeira. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Somos os monstros, de Paula Carballeira, con ilustracións de Ignacio Hernández (Col. Biblioteca Dramática Galega, Xerais, 2019). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CIII): Somos os monstros, de Paula Carballeira. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Somos os monstros, de Paula Carballeira, con ilustracións de Ignacio Hernández (Col. Biblioteca Dramática Galega, Xerais, 2019). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CII): O talismán dos druídas, de Pepe Carballude. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O talismán dos druídas, de Pepe Carballude (col. Árbore. Galaxia, 1989. Reedición en Everest, 2006). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CI): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (C): O Raio Veloz, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Sergio Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Raio Veloz, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Federico Delicado (col. A árbore da lectura. Oxford, 2010). Realización youtubeira: Sergio Señarís Suárez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XCIX): A cidade do átomo, de Iria Misa. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A cidade do átomo, de Iria Misa, con ilustracións de Sonia García (col. Merlín. Xerais, 2021). Realización youtubeira: Íker García Brea, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XCVIII): Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, con ilustracións de Marcos Viso (col. Merlín, Xerais, 2016). Realización youtubeira: Íker García Brea, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

venres, 3 de xuño de 2022

Book tráiler (XCVII): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Érika Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Érika Grela Bello, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XCVI): A piragua, de Cándido Pazó. Realizado por Valeria Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra A piragua, de Cándido Pazó (col. Teatro. Laiovento, 2009). Realización youtubeira: Valeria Vásquez Fernández, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XCV): O Raio Veloz, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Íker Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Raio Veloz, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Federico Delizado (col. A árbore da lectura. Oxford, 2010). Realización youtubeira: Íker Señarís Suárez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XCIV): Somos os monstros, de Paula Carballeira. Realizado por Mateo Pérez Vázquez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Somos os monstros, de Paula Carballeira, con ilustracións de Ignacio Hernández (Col. Biblioteca Dramática Galega, Xerais, 2019). Realización youtubeira: Mateo Pérez Vázquez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XCIII): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Realizado por Paula Moar Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (col. Biblioteca Castelao. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Paula Moar Iglesias, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XCII) Formigas, de Tucho Calvo. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Formigas, de Tucho Calvo (col. Mandaio. Biblos, 2012). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XCI): Somos os monstros, de Paula Carballeira. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Somos os monstros, de Paula Carballeira, con ilustracións de Ignacio Hernández (Col. Biblioteca Dramática Galega, Xerais, 2019). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XC): Noite de temporal, de Manuel Núñez Singala. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Noite de temporal, de Manuel Núñez Singala (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXXXIX): A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do relato A canción de Sálvora, do libro Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello (Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXXXVIII): O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira (col. Árbore. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXXXVII): A cidade do átomo, de Iria Misa. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A cidade do átomo, de Iria Misa, con ilustracións de Sonia García (col. Merlín. Xerais, 2021). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

xoves, 2 de xuño de 2022

Book tráiler (LXXXVI): Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Conta de Libros (XXVI): Ali Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre

Ali Babá, Morxiana e os corenta usureiros. Marilar Aleixandre. Galaxia 

Este libro é unha serie de relatos cortos e conmovedores, con varios personaxes e cun tema que nos fala de feitos reais mesturados con algo de ficción e misterio. 

É unha narración moi interesante que segundo vas avanzando na lectura vaite enganchando cada vez máis e máis. 

Esta narración tamén nos invita a reflexionar que tendo unha boa amizade e moita admiración por esa persoa fanse cousas e axudáselle no que necesite aínda que non estean ben vistas na sociedade que vivimos.

A min gustoume moito porque este libro non me permitiu aburrirme nin un só momento ao longo da súa lectura. Tamén comentar que me resultou fácil de lelo porque utiliza ao longo de todo o libro un vocabulario sinxelo e é fácil de comprender. Nalgúns momentos pareceume unha historia moi triste. Eu recoméndolle a lectura a toda a rapazada porque é un libro fácil de comprender a súa historia. 

Tamén quero comentar que foi o libro que máis me gustou de todos os que levo lidos ao longo da miña vida. 

Jorge Lavandeira Vilares (3º ESO)

mércores, 1 de xuño de 2022

Conta de Libros (XXV): A piragua, de Cándido Pazó

A piragua. Cándido Pazó. Laiovento 
 
A min este libro persoalmente gustoume, aínda que algunhas escenas eran un pouco aburridas. 

O momento que máis me gustou foi cando Rosa rebelase contra Delio por berrarlle, porque non ten dereito a facer iso. Unha cousa que non me gustou moito foron os flashbacks, xa que nalgunhas partes non sabía se estábamos no presente ou no pasado. Outra cousa que non me gustou tanto foi o final porque non lle veño o sentido de matar a Guzmán. 

A miña personaxe favorita é Rosa, porque a pesar de todo o que lle fai Delio ela segue adiante, é moi boa persoa e trata moi ben a todos os seus amigos, sobre todo a Lucía, con ela levase de marabilla. 

A lingua era fácil exceptuando algúns casos nos que algunha palabra era algo rebuscada. 

Valeria Vásquez Fernández (4º ESO)

Conta de Libros (XXIV): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao

Os vellos non deben de namorarse. Castelao. Galaxia 

A min neste libro gustoume bastante a historia, é entretida é fácil de ler e conten moita retranca galega, cousa que me gusta moito como queda. 

Os momentos máis importantes ao meu parecer foron cando a morte chegaba á escena, porque xa se intuía que alguén probablemente ía morrer pouco tempo despois de que ela se fose. 

A idea de que cada vello tivera a súa historia en concreto e de que non fosen todos o mesmo gustoume bastante. 

A miña personaxe favorita é Micaela, xa que pensou moi ben unha estratexia para roubarlle leiras a Don Ramón, e pareceume gracioso. 

Ao final do libro gustaríame engadirlle que os 3 vellos puideran vingarse das 3 mozas convertidos en pantasmas. 

A lingua pareceume fácil aínda que había algunhas palabras que non entendía moi ben. 

 Valeria Vásquez Fernández (4º ESO)  
 
Para min este libro foi moi entretido. O autor é Castelao, do que eu xa tiña lido a novela Os Dous de Sempre. Neste caso o libro que lin é unha obra de teatro polo que penso que por iso o lin máis rápido. Cabe destacar que é a primeira vez que leo algo deste tipo e sorprendeume bastante xa que pensaba que este tipo de libros non me ían gustar e ao final gustoume moito.
 
Se tivera que escoller unha das tres historias que compoñen este libro sería a primeira, do boticario Don Saturio e Pimpinela, aínda que me gustaron todas esa foi a que máis me chamou a atención. 
 
En canto á linguaxe tamén quedei sorprendida xa que este non é precisamente un libro da actualidade senón que xa ten os seus anos e enténdese moi ben todo.
 
Por último como xa dixen no outro libro que lin este trimestre teríame gustado que fose unha soa historia pero iso xa é para gustos, aínda así non teño queixas.

Sonia Muíño Riomayor (4º ESO)

Conta de Libros (XXIII): Rastros, de Roberto Vidal Bolaño


Rastros. Roberto Vidal Bolaño. Positivas 

Este foi o primeiro libro que lin de teatro e gustoume moito. Para min o momento máis importante do libro é o principio onde os personaxes son pequenos, xa que o inicio é igual que o final e con el enténdese a historia. 

Gustoume moito e pareceume moi interesante, xa que nunca me imaxinei esas historias que contan os “flashbacks” no libro. Cada un sorprendeume máis. 

A obra baséase nun pequeno grupo de 4 amigos que recordan as súas aventuras pasadas cando están pasando por un momento difícil. 

O meu personaxe favorito é Moncho, porque a pesar de que nalgunhas ocasións non o debería facer, sempre intentaba axudar a Esther en todo o que puidese. 
 
O final gustoume moito pola maneira en que remata igual que o principio, fai que o libro sexa diferente e dálle un desenlace máis tráxico á historia. 

A lingua pareceume sinxela e sen dificultades, ademais é un libro que se le bastante rápido e é moi entretido. Recomendo lelo. 
 
Lucía González Castro (4º ESO)

A min este libro de Roberto Vidal Bolaño gustoume moito porque é unha historia que pode
pasar na realidade. A historia que conta é moi interesante porque un suicidio é unha realidade moi grave que acontece moito, e non nos damos conta nas novas, pero cada día morre moita xente debido a que acaba coa súa propia vida, até menores de idade.

Os personaxes deste libro gustáronme moito porque son poucos pero están todos moi ben
desenvolvidos, xa que se describe a súa vida bastante ben. A miña personaxe favorita é
Esther porque é unha persoa sen filtro, é dicir sempre di o que pensa sen medo ao que
pasará. Outro personaxe que tamén me gustou foi Iago porque me pareceu moi serio nalgúns aspectos.

O final do libro gustoume penso que está ben pero daríalle un pouco máis de emoción porque na miña opinión é un final moi básico.

O libro en xeral ten un vocabulario moi doado, xa que é unha obra de teatro en que varias
personaxes falan cun vocabulario máis inculto, que nas persoas novas é máis fácil de
entender debido a que estamos acostumados a falar así de maneira cotiá.

Ana Señaris Veiras (4º ESO)


Para min o momento máis importante do libro é cando Esther se intenta suicidar porque senón o resto da obra teatral non tería sentido ningún. Pareceume unha lectura moi interesante porque aprendín cousas, como por exemplo que cando nos imaxinamos a nosa morte sempre o facemos dunha maneira idealizada.

A miña personaxe preferida é Esther tanto pola súa maneira de ser como por como reacciona sobre as diferentes situacións que suceden ao longo da obra teatral.

O desenvolvemento gustoume e tamén da maneira en que está escrito, xa que se fai moi ameno de ler.

A min o final gustoume moito porque non é un final como o resto dos libros e non o esperas para nada.

A lingua pareceume fácil de ler con palabras sinxelas.

Na miña opinión recomendo ler este libro porque é entretido e fácil de ler.

Iria Castro Noya (4º ESO)