A dúbida. María Reimóndez. Xerais
Penso que é unha
boa historia porque quere tratar moitos temas dos que hoxe en día se fala
moito. Pero ao mesmo tempo iso paréceme un problema xa que ao ser un libro tan
breve non deixa tocar todos os temas a fondo. De feito, parece que a corrupción
quede en segundo plano porque lle dá máis espazo aos abusos sexuais.
O momento do
libro máis importante para min foi cando poñen a gravación da declaración de
Ana, a vítima, pois desde ese momento, Deli non ten ningunha dúbida de que o
seu marido, Vicente é culpable. E tamén é o que empuxa á protagonista a buscar
máis probas que culpen ao seu marido e así metelo entre reixas.
Pareceume que o libro está ben pero non me gustou
moito polo feito de que me resultou aburrido xa que non ten moito diálogo. De
todas formas é un libro moi sinxelo de ler e cun vocabulario fácil.
Nerea Portos Balsa (3º ESO)
Este
libro é un dos poucos que me custou traballo lelo ao longo de todos os anos que
levo lendo, e iso que teño lido libros de historia moito máis doados de ler que
este.
A
forma de narrar a historia é estraña. Case non hai diálogos, algo frustrante,
coma se todo o que acontece, ou a maioría dos feitos, tiveran lugar na cabeza
da protagonista.
A
forma que ten de engadir temas é moi difícil de entender. A autora quere falar
de tantas cousas na súa historia, que só acaba mencionándoas e deixando a
moitas a un lado, coma se non fosen importantes. Ao mellor se só se centrara
nunha sería máis sinxelo de entender e de levar a lectura. Pero desta forma, é
case imposible entender o que estás lendo. Cada capítulo comeza dunha forma
distinta ao anterior e o final de cada un non enlaza co outro. Iso é algo que
tampouco me gusta. Nas miñas lecturas, gústame que cada capítulo enlace
dalgunha maneira co anterior e que o final do libro sexa inesperado e xenial.
Non podo dicir o mesmo do final deste libro.
O
vocabulario é bastante sinxelo, non fai falta ter o dicionario a carón. Isto
debería ser un punto a favor na lectura, pero é un detalle tan pequeno que case
non axuda nela.
Creo
que nunca un libro me defraudou coma este. Esperaba moito máis da súa lectura.
Non
me gustou este libro, pero penso que lle pode gustar a alguén, aínda que non
sei cara que tipo de lector se dirixe.
Irene
Noya González (4º ESO)