Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 30 de outubro de 2015

Estado das cousas: Radio Marca - Xuño 2015

Este fin de semana comeza novembro, un mes máis violeta que os outros, aínda que todos os meses deberíamos ter en conta esa "mirada violeta". Que de que estamos a falar? O violeta representa a loita para conseguir a igualdade en dereitos e deberes das mulleres e dos homes, rapazas e rapaces, nenos e nenas.

Cada ano, ao tratar este tema nas aulas, nos sorprenden os comentarios do alumnado, moitos e moitas de vós estades convencidos de que non hai situacións de machismo, de violencia contra as mulleres, ou hai moi poucas. Por iso decidimos adicar algunhas das entradas do blog este mes, aínda que ben sabedes que lle adicamos moitas entradas a estes temas, a botar unha ollada ao estado das cousas ao noso arredor para ver. É certo que se van dando pasiños e colgaremos tamén noticias positivas ao respecto, pero as relacións están lonxe de ser xustas e igualitarias.  Gustaríanos que vos mesmas e vos mesmos xuzguedes o estado actual das cousas, e se deixades algún comentario sobre o tema, mellor que mellor.

Imos hoxe coa primeira ollada, esta noticia que recolle o Blog de actualidade Yo me tiro al monte (lo mejor de lo peor)

En el programa deportivo La Futbolería, de Radio Marca Sevilla, uno de los tertulianos opina sobre el posible fichaje de Rafael Van der Vaart por el Betis. Hace un par de años, el futbolista desató un escándalo al agredir a su mujer en una fiesta de nochevieja.

Foto de Rafael Van deer Vart: Real Betis

Foto de Javier Mérida:  Diario de Sevilla
Cuando uno de los periodistas recuerda el episodio, otro tertuliano, Javier Mérida, dice que “ella reconoció que le había sido infiel. Que si en una fiesta de nochevieja tu mujer te está volviendo loco…”.

En ese momento, el compañero le interrumpe: “No termines de decirlo, porque es un disparate”. Pero Mérida termina: “Si tú le pegas una guantá, eso no es una agresión ni es nada, vamos a dejarnos de tonterías”.