martes, 17 de decembro de 2013
Balda de Libros (XX): Cartas de amor, de Fran Alonso
Cartas de amor, Fran Alonso, Xerais
Sheila Bouzas Leis (3º
ESO)
Este libro
gustoume moito porque cada carta é moi diferente e cóntache as diferentes
vivencias dos seus personaxes.
Ainda que é un libro moi triste faiche coñecer
as distintas penurias que hai polo mundo.
Fala das
violacións que marcan as mulleres de por vida, da pobreza que te leva a deixar
todo o que tes e obrígate a emigrar, dos enganos sufridos pola persoa amada
,das guerras que mataban a tanta xente...
É un libro
que lle recomendaría a moita xente porque vale para valorar máis a
vida que nos tocou vivir a nós.
A min este libro pareceume moi interesante, xa que fala sobre a emigración
a España, e sobre todo que hai crise económica e iso está pasando nestes
momentos en España, por iso me parece que este libro é moi actual é tamén moi
real xa que estas cartas están escritas con moito sentimento.
A min o vocabulario nin pareceu fácil nin difícil aínda que ten algunhas
palabras raras das cales descoñecía o seu significado.
Eu non lle faría ningún cambio xa que as cartas me parecen moi apropiadas
para cada tema dos que ocorren nelas.
Este libro encantoume xa que é un dos primeiros libros que leo que trata
destes temas todos xuntos.
Sonia
Pumar Muíño (3º ESO)
A
min o libro de Cartas de amor pareceume algo aburrido, porque
nas súas historias non
te esperas o que podes ler segundo o que pon a portada.
Nestes
relatos non aparecen as típicas
historias de amor, que un rapaz lle escribe á súa namorada. Todo o
contrario, nelas
encóntraste historias de penas e tristezas das persoas, pero tamén
de coraxe e valentía.
Sinceramente a min gustáronme máis as historias de coraxe e
valentía que as de
penas e tristezas, porque as persoas demostraban un gran valor
contándolle a esta xente
cousas moi importantes.
Eu o cambio que lle faría sería cambiarlle
o título por un
no que se explique mellor o que pode encontrar o lector. Á parte do
contido e deste cambio,
o libro foi fácil de ler e enténdense a maioría das palabras que
se encontran nel,
o único pero que lle vexo é o do contido e ningún máis.
Diego
Gutiérrez Castiñeiras (3º)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)