Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 28 de febreiro de 2020

Book tráiler (XLVII): “Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras. Realizado por Ana Viqueira García



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Ana Viqueira García, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XLVI): “Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras. Realizado por Alfredo Martínez Costa


>


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Volverás, golfiño, de AndreaMaceiras, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Fragmento de “Airiños, airiños aires” na voz de Lidia, irmá de Nerea González Rey



Fragmento de “Airiños, airiños aires” na voz de Lidia (10 anos), irmá de Nerea González Rey (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

Airiños, airiños aires

Airiños, airiños aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños, leváime a ela.

Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta;
que adonde queira que vaia,
cróbeme unha sombra espesa.

Cróbeme unha espesa nube,
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada,
que a miña vida envenena.

Leváime, leváime, airiños,
como unha folliña seca,
que seca tamén me puxo
a callentura que queima.
(...)