Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 13 de decembro de 2020

Balda de Libros (XIV): A dúbida, de María Reimóndez



A dúbida. María Reimóndez. Xerais 

Ola! Hoxe vou comentar un libro que me gustou moito. Trátase dun home que é detido por acusacións de abusos sexuais a menores. O máis normal se acusan ao teu home é confiar nel e pensar que nunca tal cousa fixo, mais co paso dos días Deli comeza a ter dúbidas. 

Ao longo do libro van sucedendo feitos que a levan a saber a verdade do que ocorreu. O momento con máis importancia para min foi cando Deli decide ir a Madrid a falar coas rapazas e estas lle dixeron que coñecían a Ricardo e a Vicente.

O meu personaxe favorito foi sen dúbida Deli. Foi capaz de poñerse en contra do seu home, cando a maioría se poñen da súa parte ainda que saiban a verdade. Fixo todo o posible para buscar probas para metelo no cárcere.

O libro en xeral gustoume moito, foi bastante sinxelo de entender, e trata dun tema que agora está bastante presente nas nosas vidas. Mais faríalle algún cambio. Gustaríame que Bea e Ana fosen falar con Deli, xa que realmente ela non tivo a culpa de nada. 

Ana Cebey de la Torre (4º ESO)

Persoalmente, o libro gustoume moito, porque creo que relata moi ben o mal que o poden chegar a pasar as mulleres que pasan pola situación de que o seu marido sexa denunciado por abusos. 

A historia engancha moito, xa que dende o principio queres saber se é verdade que Vicente abusou de Ana e segundo vas lendo vas pensando, coma Deli, se isto é verdade ou non. 

Eu ao principio cría que isto non era verdade, pero despois de ler a declaración de Ana, igual que Deli deime conta que a nena non estaba mentindo e que todo o que dicía era verdade. Así que o final gustoume moito, aínda que creo que a autora o podería ter desenvolto un pouco máis, xa que non sabemos nada do que pasou dende que unha das nenas recoñeceu unha foto de Rafael ata que Vicente entra preso, e gustaríame saber todo o que fixo Deli para conseguilo. Pero aínda así A dúbida gustoume moito. 

Laura Codesido Fernández (4º ESO)

Este libro gustoume moito, pareceume un libro moi chulo e interesante e é un libro fácil de ler. 

Ao principio non te sabes situar ben, non sabes ben o que pasa pero logo de ler 2 ou 3 capítulos xa entendes todo moi ben e lese moi rápido. 

O momento máis importante do libro paréceme cando Deli, a protagonista, cambia a maneira de pensar sobre un personaxe logo de ver a declaración de Ana no xuízo. 

O meu personaxe favorito é Deli porque é moi lista e pensa rápido, tamén me gusta moito a súa maneira de afrontar as cousas poñéndose a coser e descoser roupa. 

O final gustoume moito, aínda que o cambiaría completamente, para que ao final Vicente non fose ao cárcere, pero Ricardo e Rafael si que fosen por corruptos e que o inspector lle ofrecera traballo igual a Deli. 

Recoméndovos este libro porque está moi chulo xa que trata un pouco de temas que pasan na actualidade. 

Pablo Couselo Noya (4ºESO)

O relato é moi interesante, fácil de ler e enténdese moi ben. Nesta novela ti mesma vas pensar cousas que a realidade é distinta. A Deli tamén lle ocorreu o mesmo pero loitou pola realidade para facer todo o posible para dar xustiza. 

Este libro reflicte moito o acoso, a violencia, o abuso... Tamén conta como trataban as rapazas e todo o que sufriron ata sacalas deses sitios. A novela trata sobre unha parella que levan 11 anos de matrimonio, un día a policía peta na porta da súa casa e levan arrestado o home de Deli. Ela queda sorprendida, eles buscaron por todas partes e ela díxolle que no seu recuncho onde cosía. 

A min gústame moito porque é un reflexo da realidade que non nos percatamos que existe máis frecuentemente do normal. Tamén reflicte que as aparencias enganan porque pensas que el non puido facer iso e ao final dáste conta de que si. 

O meu personaxe favorito é Deli porque ela é moi forte e aínda que se faga dano ela mesma quere facer todo o posible para que alguén que fixera algo malo teña xustiza. 

Nerea González Rey (4º ESO)

A dúbida é un libro que me gustou moito, xa que conta a historia dunha muller, que meten ao seu home no cárcere por abuso a menores. A narración vai poñer moitas dúbidas se o home dela é inocente ou non. 

Para min o momento máis importante deste libro foi cando Deli dáse conta de que o seu home é culpable pola declaración da nena, paréceme o máis importante porque Deli ao darse conta de que é culpable, non quere que saia do cárcere, e busca probas por todos os lados para que cumpra a pena. 

A miña personaxe preferida foi Deli porque cando se decatou de que era culpable non lle importou perder o traballo con tal de que fora para o cárcere. O personaxe que me parece peor é Vicente porque abusaba das rapazas. 

O libro é moi interesante e entretido xa que desde o principio ata o final ponche en dúbida, ao principio de se é culpable ou non e despois se vai ir para o cárcere ou non. 

A lingua é moi fácil de entender. Recomendo este libro porque lese moi rápido e engancha. 

David Louro Rey (4º ESO)

A min este libro gustoume moito, xa que fala dun tema importante, onde ensinan unha realidade sobre este que está bastante agochada. 

Ademais este libro tamén che ensina que aínda que as cousas se poñan moi difíciles, hai que loitar polo que desexas ter ou neste caso demostrar. 

Os personaxes son moi interesantes e son reflexo dunha realidade que pasa día tras día. O personaxe que máis me gustou foi Deli, xa que aínda que o seu home fose o acusado, en vez de crelo, decidiu buscar a verdade. Aínda que esta non lle gustase e lle prexudicase. Ademais dela, tamén me gustou moito o personaxe de Lala, xa que creo que debería de haber máis persoas como ela. 

Ao final eu faríalle algúns cambios, pero creo que é bastante axeitado e xa o esperas a medida que vas lendo o libro. 

É un libro curto e cunha linguaxe moi fácil de comprender. Lese moi rápido xa que cando o empezas a ler, só queres saber o seu final e o que vai acontecer. 

Arancha Rey Brea (4º ESO)

A dúbida foi un libro que me gustou bastante. Trata temas reais e interesantes como a trata de persoas, os abusos sexuais a menores e os conflitos matrimoniais. 

Gústame moito que a protagonista sexa un personaxe redondo, xa que cambia de opinión no medio da historia, o cal é para min o momento máis importante do libro que ademais fai que o libro dea un xiro argumental.  

O meu personaxe favorito é Deli, a protagonista, e Lala. Deli porque é unha persoa forte e decidida, e Lala porque traballa nunha ONG para axudar ás menores que son prostituidas. O personaxe que menos me gusta é Vicente, o marido de Deli, porque é un pedófilo e míntelle á súa muller. 

A narración lese rápido e ten un vocabulario fácil. O final é axeitado pero podería ser un pouco máis longo e desenvolvido. 

O libro é bo, recoméndoo moito se che gustan os relatos sobre xuízos ou problemas sociais, ademais o libro mostra o difícil que pode ser para unha menor vítima de abusos sexuais gañar un xuízo e que a xente a crea. 

David Rodríguez Blanco (4º ESO)

Balda de Libros (XIII): Os dous de sempre, de Castelao.



Os dous de sempre. Castelao. Galaxia 

O momento que me pareceu máis importante foi cando Rañolas consegue fuxir onda os moinantes porque a partir dese momento comeza unha nova vida para el, xa que por fin é libre. 

O tema pareceume interesante e entretido porque conta a historia de dúas persoas, unha delas é Pedriño que nunca fixo nada nin o sabe facer por iso lle vai todo mal e non atopa un traballo no que se sinta a gusto, a outra é Rañolas que foi quen de buscarse a vida el só e conseguiu cumprir o seu soño. 

Eu faría cambios porque hai partes que me gustaron menos ca outras e outras que me gustaría que estivesen. Tamén cambiaria o final porque non me gustou xa que morre Rañolas e porque non conta como seguiu Pedrino, se logrou atopar traballo ou non. 

O vocabulario foi fácil de entender aínda que algunhas palabras non as coñecía pero polo contexto intúese o seu significado. 

Gloria Bello Fraga (4º ESO)

Os dous de sempre foi un libro que me gustou moito, sobre todo a historio de Rañolas. A historia é moi interesante, pero na miña opinión poderían pasar aínda máis cousas como se Pedro fora para Francia, que Rañolas casara, ou cousas así. 

O momento máis importante do libro pareceume cando Pedro intenta matar a súa sogra, porque demostra que é valente. 

Creo que esta historia está bastante ben aínda que os primeiros capítulos custoume moito entendelos pero despois enganchoume e lino moi rápido. Mentres non me enganchou foime moi difícil de ler xa que está en galego doutra época. Pero recomendo o libro xa que é moi interesante a pesar que teña un vocabulario difícil. 

Se che gustan as historias da xente e o que lle pasa aínda cho recomendo máis. En conclusión, Os dous de sempre é unha novela moi interesante pero tes que entender a historia para que non che sexa moi difícil de ler. 

David Louro Rey (4º ESO)

Balda de Libros (XII): Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste



Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste. Galaxia 

Este libro ou recompilación de contos, pareceume unha obra moi interesante e moi entretida, xa que está composta por varios contos, nos que a súa historia é totalmente diferente a anterior. 

O que máis me gustou deste libro, foi a forma de que o autor nos conta cada conto, introducíndonos neles mediante os personaxes. E o que menos me gustou foi a curta duración deles, xa que se foran menos contos pero máis longos poderías meterte aínda máis nos personaxes, e entendelos mellor. 

Estes personaxes soen estar caracterizados por unha tristeza ou nostalxia que sofren por algo ou alguén, ou ben pola morte ou abandono, como se un trasno estivese facendo das súas, que de aí creo eu que vén o título. 

O libro contén bastantes ilustracións, mínimo unha por conto, que che axudan a representar a historia na túa cabeza. É moi curto e fácil de ler, e cun vocabulario fácil de entender. 

Uxía Beiras Rivas (4º ESO)

Balda de Libros (XI): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre



Unha presa de terra. Marilar Aleixandre. Ir Indo 

Esta é unha historia intrigante e con moito suspense. É unha lectura moi fácil e entretida. 

O meu personaxe preferido é Ana, porque me parece unha gran protagonista que comete o fallo de namorarse de quen non debía, algo moi típico na actualidade. 

O momento máis importante para min é cando o asasino afirma que el matou a Lurdes, a verdade é que eu xa mo esperaba, pero ainda así é impactante. 

Considero este un tema moi interesante, xa que a violencia e o maltrato as mulleres seguen presentes na nosa sociedade actual e por tanto, axuda a ver que é unha realidade que segue pasando e non está xa todo rematado. 

Este libro recoméndoo para todos xa que ten un vocabulario moi sinxelo, do que usamos no noso día a día de forma informal. Sobre todo, recoméndoo para os/as que vos guste o misterio e os asasinatos con investigacións. Así que se queres saber quen matou a Lurdes invítote a ler esta historia. 

Lorena Becerra Varela (4º ESO)

Para min é un bo libro, con contido de misterio e intriga. A miña parte favorita é cando a compañeira de Couto entra no cuarto toda decidida cunha pistola para salvar a Ana e deter ao asasino. 

Creo que non cambiaría nada, pero se tivera que facelo non emparellaría a Ana con Pepe, xa que me parece algo excesivo, macabro e non me acaba de encaixar, xa que ela era amiga de Choni e non está ben respectar tan pouco aos mortos. Pero aínda así Ana segue sendo o meu personaxe favorito, porque ten moito carisma e ponlle gañas ao seu traballo, aínda que non sempre lle fora fácil afrontalo. 

Creo que tamén cambiaría o narrador da historia, pero non sempre. O libro contado por Ana está ben, pero tamén me tería gustado velo todo dende a perspectiva de Pepe ou do inspector Couto. 

O libro é moi curto e fácil de ler, cun vocabulario fácil de entender, e con bastantes ilustracións. 

Uxía Beiras Rivas (4º ESO)

Para min o tema do libro é interesante e moi bo de ler xa que non te aburres ao lelo, e tes moita intriga.

Os meus personaxes favoritos son Rosa, Pepe Castro e Irene, Rosa era moi traballadora, Pepe Castro finxía moi ben que el non fora o que matara a súa muller e Irene era moi lista xa que era moi nova e xa era xuíza.  

Non faría ningún cambio, pero se o tivera que facer cambiaría o final. 

O vocabulario deste libro foi doado de entender e non foi difícil excepto algunhas palabras que ías sacando polo contexto. 

Eu este libro recomendaríao xa que é moi intrigante e ás persoas que non lles guste ler moitas páxinas este é a súa novela xa que non ten moitas páxinas, e ten moitos debuxos así que e rápido de ler. E a quen lles gusten os libros de intriga este é o seu libro xa que tes moito suspense ao lelo. 

Adrián Esmorís Noya (4º ESO)

Balda de Libros (X): A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor



A esmorga. Eduardo Blanco-Amor. Galaxia 
 
Esta historia foi unha gran sorpresa para min, xa que tiña moi poucas expectativas sobre se me ía gustar. Ao final, engancheime moitísimo e resultou ser un dos mellores libros en galego que lin. 

A verdade é que non me gusta ningún dos personaxes, porque son todos uns patáns, ningún fai as cousas ben, ainda que iso é o que máis me gusta da historia xa que lle achega realismo. 

A miña parte preferida é o repentino final que non me esperaba para nada. Trata temas moi daquela época e ensina como era a vida por aqueles tempos. 

O libro lese rapidiño, ben é certo que o vocabulario custoume un pouco entendelo xa que é un galego da parte de Ourense ao que non estou acostumada. Ainda así, segundo vas lendo vaste afacendo a certas palabras. 

Eu creo que para ler este libro é necesario informarse un pouco de como está narrado, xa que de primeiras pode resultar confuso. Considero esta historia moi dramática, así que se este é o teu estilo invítote a lelo. 
 
Lorena Becerra Varela (4º ESO)

Balda de Libros (IX): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas



Memorias dun neno labrego. Xosé Neira Vilas. Galaxia 
 
Esta é unha historia moi bonita e tradicional, xa que conta o día a día dun neno desa época de forma moi realista. 

O meu momento preferido é cando Balbino lle dá o seu caderno ó fillo do seu xefe, considero este o momento máis importante xa que é o final das súas memorias. 

O meu personaxe preferido é Balbino xa que o ser o protagonista chegas a empatizar moito con el.

Respecto ao tema do libro, conta moi ben a forma de vivir daquela época e resúltame curioso comparalo coa actualidade, xa que é un cambio drástico en todos os aspectos. 

O final é moi axeitado, encántame ver como vai crecendo Balbino ata converterse nun home, para min era necesario que marchara da aldea xa que creo que así é moito máis feliz. 

É un libro moi fácil de ler, ten un vocabulario moi sinxelo, aínda que ás veces pode resultar algo antigo, pero enténdese perfectamente. 

Recoméndolle este libro a todas as persoas que lles guste ler diarios, porque a historia de Balbino é única. 

Lorena Becerra Varela (4º ESO)

Este libro fala sobre a vida dun neno labrego nas antigas aldeas de Galicia. Para min o momento máis emotivo do libro foi cando lle envelenaron o can pensando que era o raposo come galiñas. 

Eu non faría ningún cambio pero se o tivera que facer cambiaría o final porque Manolito era un desgraciado e andábao insultando e meténdose con Balbino todo o tempo. 

Para a miña opinión o tema do libro foi interesante porque a min non me aburriu nada o contido. Houbo algunhas partes do libro que foron difíciles de entender pero outras entendíanse perfectamente. 

O meu personaxe favorito é Balbino porque gústame moito, sobre todo cando lle lanzou a pedra a Manolito. 

Eu recomendaría este libro para a xente que lle guste ler moitas páxinas con contido moi interesante, se es unha persoa que non lle gusta ler libros con moitas páxinas este non é o teu libro. 

Adrián Esmorís Noya (4º ESO)

O libro gustoume moito xa que é unha narración que conta a historia dun neno pobre que vai moi pouco á escola porque non fai máis que traballar, e que non pode ter case nada do que quere, é dicir, non pode ter ningún capricho, entón axúdanos a valorar a vida que temos e a apreciar tamen todas as cousas que temos, por iso creo que todo o mundo debería ler este libro para que todo o mundo aprenda a apreciar as cousas. 

O libro ten un vocabulario moi sinxelo e fácil de entender, non hai case ninguna palabra que non entendas, e polo tanto entendes moi ben a historia do libro. 

O final para min é axeitado porque Balbino estaba cansado de que sempre lle botaban a culpa sen tela, e cando lle tira a pedra a Manolito ten parte de culpa pero non toda, pero o problema é que a culpa botáronlla a el, e chega un momento no que se cansa e séntese obrigado a facer o que fixo.

Anxo Lamas Liste (4º ESO)

Para min o momento máis importante foi cando Balbino co seu enfado cara a Manolito colleu unha pedra e lle arrebolou con ela na cara, porque en certo modo sacou a rabia que lle tiña a ese rapaz, aínda que despois tivera as súas consecuencias que non eran leves, case lle custa o desterró da súa familia. Afortunadamente iso non pasou, levou una melleira por parte de seu pai e marchou da casa, traballar de servente. 

A min este relato pareceume interesante porque co que conta dá a entender como se vivía nesa época, como era a sociedade, as familias, a emigración que había. 

A esta narración a verdade é que non se lle pode facer ningún cambio porque está moi ben estruturado e relatado, un final tan axeitado como realista. 

Por outra parte falando da lingua, en si foi fácil de entender, había algunha palabra que non era sinxela polo feito de non estar habituado a ela, pero en xeral entendíase xenial. Recomendo totalmente este libro. 

Daniel Martínez Calvo (4º ESO)

Este libro está xenial, gustoume moito. O meu personaxe favorito sen dubidalo é Balbino xa que é un neno pobre e a súa situación na casa non é a mellor, dáme moita pena que seu pai lle pegue e que Manolito se meta con el polo simple feito de ser pobre! Dáme moita pena tamén cando morreu seu padriño xa que Balbino lle quería moito e era moi importante para el. 

O momento máis interesante foi cando Balbino marchou da casa e toda a aldea estaba en busca del e foi o seu can quen o encontrou. Tamén me gustou moito a parte onde estaban de festa pero Balbino e a súa familia non podían ir a elas debido a que estaban de loito. 

O tema paréceme moi interesante e ao mesmo tempo emocionante pola vida que leva o neno, que sendo un neno levántase moi cedo para sacar o gando. Non cambiaría nada desta historia. A lingua pareceume difícil só que segundo ías lendo ías entendendo. 

Sara Pena Gutiérrez (4º ESO)

O momento máis importante do libro foi cando lle tira a pedra a Manolito, porque xa está canso del e porque aí ten que decidir se marchar da aldea ou quedar e asumir as consecuencias. E o momento que menos me gustou foi cando Balbino espertou cos berros de súa nai e súa madriña porque morrera o padriño, porque o padriño era case o máis importante para Balbino porque lle contaba historias.

O final axeitado e tan só cambiaría que non morrera o padriño. 

Foi unha lingua fácil de entender porque algunhas palabras que custa entender sábense polo contexto, por iso está ben. 

É un libro moi interesante, emocionante, conta moitas historias que lle pasan, sempre queres saber o que vai pasar con Balbino porque está metido en todos os problemas que hai.

Martín Rivas Súarez (4º ESO)

Este libro pareceume bastante interesante, xa que pola época na que está ambientada a historia e pola forma na que Balbino explica a pobreza do rural dese momento. Tamén me gusta que o rapaz o escriba todo xa que é un amante da escritura. 

O momento máis importante para min foi a discusión de Balbino co fillo do Señor, non por importancia, senón porque me pareceu gracioso que lle tirara unha pedra a Manolito e se montara ese escándalo. 

O mellor personaxe para min é Balbino, xa que ao ser o personaxe principal desta historia podemos ver como se vai desenvolvendo coas diferentes situacións da vida que se lle van aparecendo. 

Creo que se tivera que cambiar algo do libro sería o final, xa que me houbera gustado que a familia de Balbino e mais el se mudaran a América xunto a Miguel. 

O libro é bastante curto e fácil de ler, o vocabulario ten algunhas palabras raras pero se se segue lendo enténdense ben polo contexto.

Uxía Beiras Rivas (4º ESO)

Balda de Libros (VIII): A punta de pistola, de Fran Alonso



A punta de pistola. Fran Alonso. Xerais 

A punta de pistola foi un libro que me gustou moito, ao principio parecíame un libro bastante aburrido por como comeza, pero logo empezoume a interesar cada vez máis ao longo da historia. 

O mellor momento para in foi ao final do libro, cando Varas e Rica están fuxindo da policía e chocan coa camioneira cruzando as dúas historias, o que fai que sexa un momento moi emocionante. 

O único que non me gustou foi que o libro tivese dúas historias ao mesmo tempo xa que para mín foi bastante confuso, porque pensaba que Rica era a camioneira que contaba a outra historia, e tamén non me gustou non saber que lles pasa aos persoaxes ao final da historia cando a policía atrapa a Rica e Varas, por iso eu daríalle outro final a este libro. 

E en xeral o libro é bastante fácil de entender, por un lado pola linguaxe, que é bastante fácil de entender, e por outro pola historia que tamén é fácil de entender. 

Daniel Varela Villasenín (3º ESO)

Balda de Libros (VII): As mans do medo, de Xosé Miranda



As mans do medo. Xosé Miranda. Xerais 

O libro pareceume moi interesante porque é unha narración que podes ler e non te aburres, por exemplo, cando chegou á parte onde se descubriu que a caixa tiña unha man facía pensar en como reaccionou o protagonista, en vez de ir á policía ou incluso deixalo no seu sitio, levouna con el e todo. 

A min persoalmente pareceume un libro estupendo que conseguíu o que quería, e supoño que o que queria era deixar ao lector cos pelos espigados para esas escenas que eran un pouco noxentas, porque pensar que sería na vida real. E deixarnos tamén esas dúbidas de "¿que o home estaría ben na cabeza?" ou "¿como unha man podería facer todo isto?" e incluso pensar "¿todo será un soño?"

Encantoume, Non podo dicir outra palabra, a única cousa mala é que houbo algunha palabra que non se entendía moito, pero podería coñecela polo contexto, polo demais era moi fácil de ler e se tivese que darlle unha valoración de 1 a 10, poñeríalle un 9, non dou ese 10 por esas partes de noxo pero sería un 10 sen penalización.

Paula Moar Iglesias (3º ESO)

Balda de Libros (VI): Dragal I: A Herdanza do Dragón, de Elena Gallego Abad



Dragal I. A herdanza do dragón. Elena Gallego Abad. Xerais 
 
O libro encantoume. De verdade penso que merece a pena abrilo e poñerse a ler. A escritora utiliza expresións coloquiais que transmiten cercanía e permiten que nos identifiquemos cos personaxes. Os misterios están conectados e vanse resolvendo pouco a pouco, ao mesmo tempo en que te vas metendo na historia. 

Con cada capítulo namóraste máis dos personaxes, a cada palabra sentes que xa formas parte do conto. Os personaxes son moi reais, tanto que sentes o que eles: cando sofren, cando rin, cando quedan sen palabras... 

E o final foi unha das mellores partes. O feito de que a autora te deixe ao final dun precipicio só fai que eu desexe ler o seguinte e quedar coa mesma sensación. 

Sinceramente, pensó que este libro debería poñerse nos institutos de Galicia como lectura, xa que demostra que os bos libros non teñen por que ser estadounidenses para ser interesantes, posto que os galegos poden opacar a súa fama e grandeza. 

Alicia Martínez Rodríguez (3º ESO)

Balda de Libros (V): Anxos en tempos de chuvia, de Miguel Vázquez Freire




Para min, o momento máis importante do libro é cando Moncho atopa o diario de Anxos, xa que iso fai que empece coa investigación. 

O desenvolvemento do libro gustoume moito porque é moi variado, cada día pasa unha cousa diferente, ademais gustoume moito que Moncho se preocupase polo que ocorrera no accidente de súa irmá e non fixera como os demais que non querían darlle voltas ao tema.

Este libro é moi entretido e interesante porque fai que sempre teñas esa dúbida de non saber que vai pasar. Tan só lle cambiaría o final para que en vez de que non atoparan ningunha resposta despois de tanta investigación, atopasen algunha posibilidade de que pasara realmente no accidente e así, toda a busca que fixeron non sería en van, aínda que o final que ten tamén me gusta e paréceme moi orixinal e diferente. 

Non ten dificultades na lingua, pareceume bastante fácil de entender o que fai que o libro sexa de lectura rápida e entendendo todo. En resumo, o libro gustoume moito, é moi emocionante e fácil de ler. 

Lucía González Castro (3º ESO)

Este libro gustoume bastante xa que é un libro cun pouco de misterio e iso fai que che intrigue máis a historia e non poidas deixar de lela ata rematala e descubrir o sucedido sobre este grupo de adolescentes. 

Para min o momento máis importante do libro foi cando Moncho atopa o diario de Anxos na súa habitación mentras rebuscaba algo co que puidese explicarse a causa do accidente que sufriran ela e mais os seus compañeiros nunha noite de festa e este comeza a lelo e descobre todo canto facía e pensaba a súa irmá xa falecida co seu grupo de amigos, e todos os momentos vividos con eles. 

É un libro moi  doado de ler xa que non ten case ningunha complicación no vocabulario nin palabras que descoñeza.

Cambiarialle o final xa que non me convenceu de todo, porque non se chegan a resolver as dúbidas que tiña Moncho ao comezo da historia ademais de ter un desenlace bastante aberto e non descubrir o causante ou a causa desta tráxica morte. 
 
Sara González Castro (3º ESO)

Anxos en tempos de chuvia é un libro escrito por Miguel Vázquez Freire, e publicado pola editorial Xerais na colección Fóra de Xogo. Este é un libro para rapaces e rapazas de entre 13 e 14 anos. É moi fácil de entender e non ten dificultades na lectura. 

Este libro é un relato moi entretido e intrigante, pódese dicir que é un libro de misterio, porque nos fala dunha rapaza que se chama Anxos que morre nun accidente, e o seu irmán pequeno Moncho non cre a versión da policía, así que decide buscar máis probas para saber a verdade. 

A min gustoume moito e é un libro que se le bastante rápido e engancha moito. Ademais é de letra mediana - pequena e non ten debuxos, co cal a medida que vas lendo vaste imaxinando a historia na túa cabeza. Recomendo moito a súa lectura, a min encantoume. 

Sonia Muíño Riomayor (3º ESO)

Balda de Libros (IV): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz




Este libro gustoume moito porque me pareceu moi interesante e emocionante. Nel pasan cousas que nunca me podería chegar a imaxinar, e o non saber que vai pasar fai que a lectura se faga máis amena e rápida. 

O desenvolvemento do libro para min é moi orixinal e gustoume moito a idea de que cada un creara a súa propia historia de misterio para así poder facer máis fácil o guión. O que todas as historias teñan que ver coas pantasmas pareceume moi orixinal porque a pesar de que son historias diferentes todas teñen iso en común. 

O final que ten gústame xa que é diferente mais se o tivera que cambiar sería para que en vez de que quedaran atrapados no hostal que dalgunha maneira ou doutra lograran saír del para continuar facendo o guión para a serie que estaban a preparar. 

Enténdese bastante ben, usa unha lingua que se pode entender facilmente, non ten moitas dificultades no vocabulario polo que é fácil e rápido de ler. 

Pareceume un libro moi orixinal, gustoume moito, para min, é un dos meus libros preferidos. 

Lucía González Castro (3º ESO)

O libro é unha novela de misterio. Pareceume moi entretido porque cando terminabas un capítulo querías comezar o seguinte para saber o que ocorría despois; porque cada capítulo volvíase máis entretido que o anterior. 

O libro conta unha historia na que un grupo de guionistas, de seis persoas, vanse a un hostal para ter inspiración e facer un guión para un programa de televisión e como non saben de que o poden facer ocorrésenlles facer unha historia cada un, as cales parecéronme moi intrigantes e entretidas unhas máis que outras, nelas suceden cousas estrañas e sucesos paranormais que a min fixéronme estar en constante atención. 

Das historias que contaron todos, a mellor narrada e a mellor feita para min é a de Ruth, a súa historia trata sobre dúas rapazas xemelgas que vivían nun internado e que morren afogadas nun río e ocorren sucesos misteriosos. 

O que non me gustou tanto foi o final, porque acabou moi aberto e pode pasar calquera cousa que te imaxines. 

Valeria Vásquez Fernández (3º ESO)

mércores, 9 de decembro de 2020

Balda de Libros (III): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey



A Pomba e o Degolado. Fina Casalderrey. Xerais

Cando o rapaz vai co seu avó comprar un paxaro é a escena que máis me gustou. O tema e interesante e emocionante á vez. A min gustoume moito porque é a realidade, as cousas son como no libro e a moitas persoas lles pasan cousas como as que suceden no relato. 

A miña personaxe favorita é André porque faille caso a seu avó e quéreo moito e cóidalle os paxaros e porque fai cousas baseadas moito na realidade. 

O momento máis importante para min é cando morre o avó de André, porque o rapaz axuda na casa mais recórdalle o seu amigo Curro cando lle morreu o seu pai. E tamén cando no final Curro chama a André e lle di que a súa amiga Halimet é a pomba que lle falaba pola internet.

O final tamén me gustou porque é un final aberto, e non sei se hai outro libro pero se o hai gustaríame lelo porque este gustoume moito. Se eu fose o autor no final poñeríalle outo porque o que ten déixate coa intriga.  

Rubén Goimil Parafita (3º ESO)

Balda de Libros (II): Memoria do silencio, de Eva Mejuto



Memoria do silencio. Eva Mejuto. Xerais 

A min este libro gustoume moito, porque ademais de ser moi fácil de ler, é moi entretido e interesante, xa que está baseado nunha historia real e iso é moi interesante, e persoalmente gústanme moito os libros que falan sobre cousas da segunda guerra mundial. 

A miña parte favorita deste libro, foi cando Lola foi recoller a Frieda á estación de tren, porque tiveron a mala sorte de atoparse cos alemáns e a policía e tamén, porque, pareceume unha escena moi ocorrente. 

Pero hai algunhas cousas deste libro que non me gustaron, como o final. O desenlace deste libro non me gustou moito, xa que é un final moi aberto que non explica o que pasa despois de que Frieda cruza o río e tampouco conta que pasou ao final con Günter e Jörg, só conta que se oíron algúns disparos. Tampouco me gustou que fora un libro tan breve. 

En definitiva este é un libro moi recomendable, sobre todo se che interesa o tema que trata. 

Pablo Codesido Fernández (3º ESO)

Balda de Libros (I): 22 segundos, de Eva Mejuto.



Un novo curso 2020/2021 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega

Desta volta vaise chamar Balda de Libros e a primeira alumna en achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho das lecturas foi Iria Castro Noya Redondo (3º ESO). Velaquí a recensión: 


A min este libro gustoume moito, xa que é un relato moi interesante, e o feito de estar narrado en primeira persoa fai que o libro sexa máis doado á hora de lelo. 

Trata dun tema que se dá moito na actualidade, como é a transexualidade. O libro vainos contando a súa vida dende máis cativa, que daquela recibía o nome de Xela ata máis maior que se pasou a chamar Álex. 

A miña personaxe favorita é Álex, xa que ao longo de toda a súa adolescencia pasouno mal por culpa das súas amizades, pero ao final coa axuda de Ana, o seu avó e de súa nai conseguiu ir ao psicólogo e dar o gran paso. 

22 segundos é un libro moi sinxelo e fácil de ler, polo que o poden ler dende os máis cativos ata maiores, tamén se fai bastante curto e é moi interesante. 

Iria Castro Noya (3º ESO) 

O momento máis importante do libro é cando Álex e Ana se bican, porque iso a Alex faino máis forte e parece que desde ese momento Álex empeza a sentir a verdadeira felicidade e comezou a confiar máis na súa xente máis próxima como en Ana, seu avó ou súa nai. 

O tema deste libro é moi interesante xa que nos fala dun colectivo que nesta sociedade está marxinado pero co paso do tempo estase facendo ver pero moi pouco a pouco. Tamén e moi interesante porque este tipo de historias acontecen na realidade e por desgraza moita xente rise disto e pensa que a xente transexual está enferma. Este libro axúdanos a ver a realidade e a comprendela. 

Non faría ningún cambio porque me gustou moito o libro. O final é axeitado pero non deixaría morrer ao avó de Álex porque é a miña personaxe favorita de todo o libro xa que é quen mellor entende a Álex e quen desde que el era cativo e súa nai estaba a berrar con el, Ramón, sempre o defendía e conseguía sacarlle un sorriso. 

O libro ten un vocabulario sinxelo que fai bastante comprensible o libro. A verdade é que a min gustoume moito o libro que o lin en dous días porque quería saber por completo a historia de Álex. 

Ana Señarís Veiras (3º ESO)
 
Este libro gustoume bastante porque conta a vida dunha rapaza que non se sente cómoda co seu xénero durante a súa infancia e adolescencia, e conta todas as dificultades polas que tivo que pasar, entre elas o bullying que sufría na escola e tamén ao contarllo aos seus familiares e amigos. 
 
A parte que máis me gustou do libro foi cando acende a cámara e comeza a contar como se sentía e o que estaba ocultando dende máis cativa, e dicindo tamén a súa nova entidade para logo subilo as redes. 
 
Un dos meus personaxes favoritos é Xela xa que me parece moi valente á hora de contar todo e subilo ás redes. A parte de Xela, o seu avó tamén é un dos meus personaxes preferidos xa que é o que máis a apoia e é o que mellor comprende todo polo que está a pasar coa pequena rapaza. 
 
O final non me convenceu de todo, e gustaríame que o libro seguise e que contase algo máis sobre a protagonista. É un libro curto e moi sinxelo de ler sen apenas complicacións na escrita. 
 
Sara González Castro (3º ESO)

martes, 8 de decembro de 2020

Book tráiler (XL): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Ana Señarís Veiras

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Ana Señarís Veiras, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXIX): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Realizado por Sara Pena Gutiérrez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (col. Biblioteca Neira Vilas. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Sara Pena Gutiérrez, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXVIII): A dúbida, de María Reimóndez. Realizado por David Rodríguez Blanco

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A dúbida, de María Reimóndez (col. Narrativa. Xerais, 2016). Realización youtubeira: David Rodríguez Blanco, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXVII): Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre. Realizado por Uxía Beiras Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre (Ir Indo, 2001). Realización youtubeira: Uxía Beiras Rivas, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXVI): Dragal I. A herdanza do dragón, de Elena Gallego Abad. Realizado por Alicia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Dragal I. A herdanza do dragón, de Elena Gallego Abad (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2010). Realización youtubeira: Alicia Martínez Rodríguez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXV): O hobbit, de J. R. R. Tolkien. Realizado por Alicia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O hobbit, de J. R. R. Tolkien. Tradución de Moisés Rodríguez Barcia (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2007). Realización youtubeira: Alicia Martínez Rodríguez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXIV): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Iria Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Iria Castro Noya, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXIII): A negrura do mar, de Ramón Caride. Realizado por Íker Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A negrura do mar, de Ramón Caride, con ilustracións de Miguelanxo Prado (col. Merlín. Xerais, 2006). Realización youtubeira: Íker Señarís Suárez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



luns, 7 de decembro de 2020

Book tráiler (XXXII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Román Otero Sande

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Román Otero Sande, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXXI): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



xoves, 3 de decembro de 2020

Book tráiler (XXX): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Raúl Ferreira Parente

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Raúl Ferreira Parente, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)





Book tráiler (XXIX): A punta de pistola, de Fran Alonso. Realizado por Darío Sánchez Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A punta de pistola, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Darío Sánchez Liste, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXVIII): Memoria do silencio, de Eva Mejuto. Realizado por Raúl Ferreira Parente

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memoria do silencio, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Raúl Ferreira Parente, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXVII): O Pazo Baleiro, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Alfredo Martínez Costa

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Pazo Baleiro, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas (col. Sopa de Libros. Xerais, 2002). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



martes, 1 de decembro de 2020

Book tráiler (XXVI): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Aitana Noya Santos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 1994). Realización youtubeira: Aitana Noya Santos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXV): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXIV): A punta de pistola, de Fran Alonso. Realizado por Daniel Varela Villasenín

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A punta de pistola, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Daniel Varela Villasenín, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



luns, 30 de novembro de 2020

Book tráiler (XXIII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Erika Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Erika Grela Bello, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXII): Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly. Realizado por Anxo Domínguez Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Anxo Domínguez Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XXI): A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre. Realizado por Rubén Goimil Parafita

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2007). Realización youtubeira: Rubén Goimil Parafita, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



domingo, 29 de novembro de 2020

Book tráiler (XX): Anxos en tempos de chuvia, de Miguel Vázquez Freire. Realizado por Valeria Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Anxos en tempos de chuvia, de Miguel Vázquez Freire (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2007). Realización youtubeira: Valeria Vásquez Fernández, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XIX): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



sábado, 28 de novembro de 2020

Book tráiler (XVIII): Anagnórise, de María Victoria Moreno. Realizado por Lúa Edreira Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Anagnórise, de María Victoria Moreno (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017, 3ª edición). Realización youtubeira: Lúa Edreira Martínez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



venres, 27 de novembro de 2020

Book tráiler (XVII): Recinto gris, de Ledicia Costas. Realizado por Ana Señarís Veiras

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Recinto gris, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Ana Señarís Veiras, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XVI): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Valeria Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A neve interminable, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Valeria Vásquez Fernández, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



xoves, 26 de novembro de 2020

Book tráiler (XV): Anagnórise, de María Victoria Moreno. Realización por Brais Montaos Dubra

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Anagnórise, de María Victoria Moreno (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017, 3ª edición). Realización youtubeira: Brais Montaos Dubra, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XIV): As aventuras de Breogán Folgueira, de Darío Xohán Cabana. Realizado por Zaira Antelo Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela As aventuras de Breogán Folgueira, de Darío Xohán Cabana, con ilustracións de Fausto C. Isorna. (col. Merlín. Xerais, 2007). Realización youtubeira: Zaira Antelo Iglesias, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XIII): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 1994). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XII): S. O. S., de Pepe Carballude. Realizado por Lucía Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela S. O. S., de Pepe Carballude (col. Costa Oeste. Galaxia, 2007). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



mércores, 25 de novembro de 2020

Book tráiler (XI): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Valeria Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Valeria Grela Bello, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (X): Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly. Realizado por Valeria Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Valeria Grela Bello, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (IX): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Raquel Dafonte Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Raquel Dafonte Rodríguez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)