Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



domingo, 13 de decembro de 2020

Balda de Libros (IX): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas



Memorias dun neno labrego. Xosé Neira Vilas. Galaxia 
 
Esta é unha historia moi bonita e tradicional, xa que conta o día a día dun neno desa época de forma moi realista. 

O meu momento preferido é cando Balbino lle dá o seu caderno ó fillo do seu xefe, considero este o momento máis importante xa que é o final das súas memorias. 

O meu personaxe preferido é Balbino xa que o ser o protagonista chegas a empatizar moito con el.

Respecto ao tema do libro, conta moi ben a forma de vivir daquela época e resúltame curioso comparalo coa actualidade, xa que é un cambio drástico en todos os aspectos. 

O final é moi axeitado, encántame ver como vai crecendo Balbino ata converterse nun home, para min era necesario que marchara da aldea xa que creo que así é moito máis feliz. 

É un libro moi fácil de ler, ten un vocabulario moi sinxelo, aínda que ás veces pode resultar algo antigo, pero enténdese perfectamente. 

Recoméndolle este libro a todas as persoas que lles guste ler diarios, porque a historia de Balbino é única. 

Lorena Becerra Varela (4º ESO)

Este libro fala sobre a vida dun neno labrego nas antigas aldeas de Galicia. Para min o momento máis emotivo do libro foi cando lle envelenaron o can pensando que era o raposo come galiñas. 

Eu non faría ningún cambio pero se o tivera que facer cambiaría o final porque Manolito era un desgraciado e andábao insultando e meténdose con Balbino todo o tempo. 

Para a miña opinión o tema do libro foi interesante porque a min non me aburriu nada o contido. Houbo algunhas partes do libro que foron difíciles de entender pero outras entendíanse perfectamente. 

O meu personaxe favorito é Balbino porque gústame moito, sobre todo cando lle lanzou a pedra a Manolito. 

Eu recomendaría este libro para a xente que lle guste ler moitas páxinas con contido moi interesante, se es unha persoa que non lle gusta ler libros con moitas páxinas este non é o teu libro. 

Adrián Esmorís Noya (4º ESO)

O libro gustoume moito xa que é unha narración que conta a historia dun neno pobre que vai moi pouco á escola porque non fai máis que traballar, e que non pode ter case nada do que quere, é dicir, non pode ter ningún capricho, entón axúdanos a valorar a vida que temos e a apreciar tamen todas as cousas que temos, por iso creo que todo o mundo debería ler este libro para que todo o mundo aprenda a apreciar as cousas. 

O libro ten un vocabulario moi sinxelo e fácil de entender, non hai case ninguna palabra que non entendas, e polo tanto entendes moi ben a historia do libro. 

O final para min é axeitado porque Balbino estaba cansado de que sempre lle botaban a culpa sen tela, e cando lle tira a pedra a Manolito ten parte de culpa pero non toda, pero o problema é que a culpa botáronlla a el, e chega un momento no que se cansa e séntese obrigado a facer o que fixo.

Anxo Lamas Liste (4º ESO)

Para min o momento máis importante foi cando Balbino co seu enfado cara a Manolito colleu unha pedra e lle arrebolou con ela na cara, porque en certo modo sacou a rabia que lle tiña a ese rapaz, aínda que despois tivera as súas consecuencias que non eran leves, case lle custa o desterró da súa familia. Afortunadamente iso non pasou, levou una melleira por parte de seu pai e marchou da casa, traballar de servente. 

A min este relato pareceume interesante porque co que conta dá a entender como se vivía nesa época, como era a sociedade, as familias, a emigración que había. 

A esta narración a verdade é que non se lle pode facer ningún cambio porque está moi ben estruturado e relatado, un final tan axeitado como realista. 

Por outra parte falando da lingua, en si foi fácil de entender, había algunha palabra que non era sinxela polo feito de non estar habituado a ela, pero en xeral entendíase xenial. Recomendo totalmente este libro. 

Daniel Martínez Calvo (4º ESO)

Este libro está xenial, gustoume moito. O meu personaxe favorito sen dubidalo é Balbino xa que é un neno pobre e a súa situación na casa non é a mellor, dáme moita pena que seu pai lle pegue e que Manolito se meta con el polo simple feito de ser pobre! Dáme moita pena tamén cando morreu seu padriño xa que Balbino lle quería moito e era moi importante para el. 

O momento máis interesante foi cando Balbino marchou da casa e toda a aldea estaba en busca del e foi o seu can quen o encontrou. Tamén me gustou moito a parte onde estaban de festa pero Balbino e a súa familia non podían ir a elas debido a que estaban de loito. 

O tema paréceme moi interesante e ao mesmo tempo emocionante pola vida que leva o neno, que sendo un neno levántase moi cedo para sacar o gando. Non cambiaría nada desta historia. A lingua pareceume difícil só que segundo ías lendo ías entendendo. 

Sara Pena Gutiérrez (4º ESO)

O momento máis importante do libro foi cando lle tira a pedra a Manolito, porque xa está canso del e porque aí ten que decidir se marchar da aldea ou quedar e asumir as consecuencias. E o momento que menos me gustou foi cando Balbino espertou cos berros de súa nai e súa madriña porque morrera o padriño, porque o padriño era case o máis importante para Balbino porque lle contaba historias.

O final axeitado e tan só cambiaría que non morrera o padriño. 

Foi unha lingua fácil de entender porque algunhas palabras que custa entender sábense polo contexto, por iso está ben. 

É un libro moi interesante, emocionante, conta moitas historias que lle pasan, sempre queres saber o que vai pasar con Balbino porque está metido en todos os problemas que hai.

Martín Rivas Súarez (4º ESO)

Este libro pareceume bastante interesante, xa que pola época na que está ambientada a historia e pola forma na que Balbino explica a pobreza do rural dese momento. Tamén me gusta que o rapaz o escriba todo xa que é un amante da escritura. 

O momento máis importante para min foi a discusión de Balbino co fillo do Señor, non por importancia, senón porque me pareceu gracioso que lle tirara unha pedra a Manolito e se montara ese escándalo. 

O mellor personaxe para min é Balbino, xa que ao ser o personaxe principal desta historia podemos ver como se vai desenvolvendo coas diferentes situacións da vida que se lle van aparecendo. 

Creo que se tivera que cambiar algo do libro sería o final, xa que me houbera gustado que a familia de Balbino e mais el se mudaran a América xunto a Miguel. 

O libro é bastante curto e fácil de ler, o vocabulario ten algunhas palabras raras pero se se segue lendo enténdense ben polo contexto.

Uxía Beiras Rivas (4º ESO)

Ningún comentario: