O libro gustoume debido a que é
de misterio no que intentan encontrar un asasino e a min gústanme as narracións de
misterio. O desenvolvemento non é moi rápido xa que todo o libro é para
encontrar o asasino de Lurdes. O final tamén me gustou porque cando parecía que
Pepe ía matar a Ana de súpeto entra Silvia e sálvaa. Isto respecto eu dálle un
toco de misterio ata o final.
O momento que máis me gustou foi cando, ao final, collen ao asasino e impiden que este matara a Ana porque foi o momento de dicir fin ao caso e porque tamén foi un momento de tranquilidade para Ana xa que estivera a punto de morrer e fora salvada. O momento que menos me gustou foi cando encarceraron a Toño porque era inocente e debeuno pasar moi mal cando intentaba explicar que era inocente e non o crían.
Samuel Deus García (4º ESO)
Gustoume moito o libro xa que me gustan moito os libros así, nos cales un detective resolve un crime buscando pistas e ás veces correndo bastantes riscos e este é exactamente así.

Eu cambiaría que o
libro non empezase xa coa morte de Lurdes, porque fíxoseme un pouco raro
empezar xa cunha morte ao principio.
Recomendo esta obra ás persoas que
lle guste o misterio e tamén algo ás que lles guste o amor xa que Ana e Pepe
namóranse.
Samuel Deus García (4º ESO)
Gustoume moito o libro xa que me gustan moito os libros así, nos cales un detective resolve un crime buscando pistas e ás veces correndo bastantes riscos e este é exactamente así.
A parte que máis
me gustou foi cando estaban a punto
de matar a Ana e de repente entra a axente secreta e a salva. Non lle faría
ningún cambio pero si que lle
engadiría un capítulo ou dous máis para
saber como segue un pouco e para saber que
pasa coa irmá de Lulú, con Ana e cos traballadores do pub xa que
non me gustou que acabase desa
maneira.
O libro ten un vocabulario moi fácil
e é moi sinxelo de ler.
Eu recoméndoo xa que me gustou moito, non me aburrín nada mentres o lía
e desfrutei moito léndoo xa que está
bastante interesante. Penso que lle podería gustar máis ben a nenos que a
adultos xa que á parte de que ten un vocabulario moi bo de ler conta unha
historia penso que dirixida á rapazada.
Fernando José
Couselo Noya (4º ESO)