Merlín e familia.
Álvaro Cunqueiro. Galaxia
Este libro gustoume moito malia o seu vocabulario,
a súa portada e o seu final. Cambiaría a súa portada debido a que é moi básica
e limítase a unha cheminea con fume por algo máis creativo e imaxinario como
por exemplo unha fotografía dun mundo máxico. Cambiaría a forma de narrar do
protagonista Felipe xa que, ao contar a historia, engade moitos personaxes
innecesarios. O seu final non me gustou, debido a que só se limita a contar
varias ensinanzas que Felipe foi aprendendo ao longo da historia.
O libro é difícil de entender xa que non ten ningún
tipo de orde cronolóxica e ao lelo teslle que prestar moita atención senón non
te enteiras.
Este libro recomendaríallo a persoas novas, ás que
lle guste ler porque senón non o desfrutarán e van opinar negativamente sobre
el.
En conclusión, gustoume moito as súas pequenas
historias narradas dende o punto de vista de un rapaz pequeno, desconfiado e
teimudo pero bastante heroico que descobre pouco a pouco que as aparencia
enganan.
Yago Rey Viqueira (4º ESO)
A min este libro
gustoume porque está relacionado coas historias do mago Merlín e da Idade
Medieval. Tamén me gustou porque aparece Merlín con frases irónicas e o seu
aprendiz ten algo relacionado con esta época.
O máis divertido
do libro foi cando Merlín vai contándolle
ao seu aprendiz as súas numerosas historias e tamén cando fala da súa familia
que ten na casa. Para min o peor deste libro é cando falan das historias entre
personaxes secundarios porque ás veces non se entende nada. A familia de Merlín
está formada pola súa cociñeira que se chama
Marcelina e tamén por un cabaleiro chamado Filipe de Amancia.
Esta obra ten un
final que che serve para poder entender
as anteriores historias.
A min o libro
resultoume algo difícil porque tiña unha linguaxe antiga e un vocabulario
complicado. Recomendaríallo ás persoas que lles guste tamén a historia medieval
e a quen lle encanten
os libros.
Damián Botana Otero (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario