Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 2 de xuño de 2022

Book tráiler (LXXXVI): Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Conta de Libros (XXVI): Ali Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre

Ali Babá, Morxiana e os corenta usureiros. Marilar Aleixandre. Galaxia 

Este libro é unha serie de relatos cortos e conmovedores, con varios personaxes e cun tema que nos fala de feitos reais mesturados con algo de ficción e misterio. 

É unha narración moi interesante que segundo vas avanzando na lectura vaite enganchando cada vez máis e máis. 

Esta narración tamén nos invita a reflexionar que tendo unha boa amizade e moita admiración por esa persoa fanse cousas e axudáselle no que necesite aínda que non estean ben vistas na sociedade que vivimos.

A min gustoume moito porque este libro non me permitiu aburrirme nin un só momento ao longo da súa lectura. Tamén comentar que me resultou fácil de lelo porque utiliza ao longo de todo o libro un vocabulario sinxelo e é fácil de comprender. Nalgúns momentos pareceume unha historia moi triste. Eu recoméndolle a lectura a toda a rapazada porque é un libro fácil de comprender a súa historia. 

Tamén quero comentar que foi o libro que máis me gustou de todos os que levo lidos ao longo da miña vida. 

Jorge Lavandeira Vilares (3º ESO)