Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



sábado, 26 de novembro de 2022

Book tráiler (XXXVIII): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (col. Biblioteca Neira Vilas. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

 

Book tráiler (XXXVII): Os escuros soños de Clío, de Carlos Casares. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libros de relatos Os escuros soños de Clío, de Carlos Casares (col. Biblioteca Carlos Casares. Galaxia, 2006). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XXXVI): Flor de area, de Manuel Lourenzo González. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Flor de area, de Manuel Lourenzo González (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2013). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XXXV): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

venres, 25 de novembro de 2022

Andel de Libros (XVII): A dúbida, de María Reimóndez.

 


A dúbida. María Reimóndez. Xerais

Na miña opinión o momento máis importante do libro é cando Deli escoita a declaración de Ana e se dá conta de que non mente, e que o seu marido é culpable, xa que alí cambiou a súa maneira de pensar, deuse conta de que toda a súa vida fora unha mentira e empezou a facer o posible para que Vicente fóra ao cárcere.

A min este libro gustoume bastante, xa que me parece que fala dun tema moi interesante, e que sucede moito na realidade, como son as violacións. Ademais gústame moito a maneira na que está escrito, xa que está en capítulos pequenos que enganchan, e cando acabas un, queres ler outro, porque quedas coa intriga de que pasará no seguinte.

O final gustoume moito xa que Delí cambiou a súa maneira de pensar, saíu da burbulla na que vivía e deuse conta de como era a vida na realidade, e iso era o que eu quería que sucedera, xa que me “agobiaba” como pensaba no principio.

A linguaxe utilizada neste libro pareceume fácil de ler. Na miña opinión, eu non lle faría ningún cambio a este libro, e recoméndoo ler sen ningunha dúbida. 

Lucía Grela Seoane (4º ESO) 

A min este libro gustoume moito, xa que fala dun tema importante, onde ensinan unha realidade sobre este que está bastante agochada.
Ademais est
a novela tamén che ensina que aínda que as cousas se poñan moi difíciles, hai que loitar polo que desexas ter ou neste caso demostrar.
Os personaxes son moi interesantes e son reflexo dunha realidade que pasa día tras día. O personaxe que máis me gustou foi Deli, xa que aínda que o seu home fose o acusado, en vez de crelo, decidiu buscar a verdade. Aínda que esta non lle gustase e lle prexudicase. Ademais dela, tamén me gustou moito o personaxe de Lala, xa que creo que debería de haber máis persoas como ela.
Ao final eu faríalle algúns cambios, pero creo que é bastante axeitado e xa o esperas a medida que vas lendo o libro.
É un libro curto e cunha linguaxe moi fácil de comprender. Lese moi rápido xa que cando o empezas a ler, só queres saber o seu final e o que vai acontecer.

Julio Rodríguez Picallos (4º ESO)

 

xoves, 24 de novembro de 2022

Book tráiler (XXXIV): A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor. Realizado por Alfredo Martínez Costa

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor (col. Biblioteca Blanco-Amor. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XXXIII): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Andel de Libros (XVI): Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán

 


Marta ante o espello. Teresa Calo Fontán. Xerais

O libro trata dunha rapaza chamada Marta que sofre un trastorno alimenticio. Gustoume moito porque trata un tema moi importante que é a autoestima.

A obra pode ser unha arma de dobre fío, xa que por un lado está ben porque pode concienciar ás adolescentes e aos adolescentes de que non se poden obsesionar coa súa figura estética ata o punto de deixar de comer, porque pode levar a ter problemas moi graves de saúde ou incluso a morte. Pero por outro lado dá algúns trucos para aguantar a fame ou para baixar moito de peso, e iso baixo o meu punto de vista non estivo ben.

No libro aparecen varios personaxes. Marta, a nai de Marta e o pai de Marta, baixo o meu punto de vista foron os máis importantes. O personaxe que máis me gustou foi a nai de Marta, que creo que non se cita o seu nome na historia (tampouco o do pai). Gustoume a súa contribución na historia porque en todo momento apoiou a súa filla coa súa enfermidade. Un personaxe que non me gustou foi o pai de Marta, porque moitas veces facía sentir mal a Marta, con cousas como dicirlle que iso de non comer era un capricho, etc. E por último o personaxe de Marta ao principio non me gustou porque dicía que o de baixar de peso valera a pena e cousas así. Pero ao final gustoume porque entrou en razón con que non valera a pena. A miña personaxe preferida foi a nai de Marta polo anteriormente citado.

Samuel Grela Seoane (3º ESO B)

 

mércores, 23 de novembro de 2022

Andel de Libros (XV): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey



A Pomba e o Degolado. Fina Casalderrey. Xerais

Os personaxes principais son o neno e o avó. O neno é moi bo e coida tanto do seu avó como do seu amigo cando lle morre o pai. O avó enferma pero o neno sempre está aí para coidarlle todos os paxaros que tiña o avó mentres que non se recuperaba. E o avó tivo alegría sempre, e sempre coidou do seu neto. O neno levou unha decepción moi grande co pai pero se queredes sabela teredes que ler o libro, eles dous son os meus personaxes preferidos. 

O libro gustoume, podía ser mellor pero tampouco está nada mal. Ao principio cando o empezas a ler é un pouco aburrido e non entendes nada (polo menos eu), pero segundo o vas lendo máis a historia xa me gustou máis e o entendía mellor. É moi fácil de ler. Recomendo lelo ata o final e non deixar de lelo polo principio porque ao final é moi chula a historia.

Este libro non é moi longo, xa que ten poucas páxinas aínda que a letra tamén é bastante pequena.

Zaira Antelo Iglesias (3º ESO A)

martes, 22 de novembro de 2022

Book tráiler (XXXII): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (XXXI): Anagnórise, de María Victoria Moreno. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Anagnórise, de María Victoria Moreno (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017, 3ª edición). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

luns, 21 de novembro de 2022

Book tráiler (XXX): A chave das noces, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Uxía Mariño Parafita

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A chave das noces, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2018). Realización youtubeira: Uxía Mariño Parafita, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (XXIX): O Pazo Baleiro, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Iván Regueiro Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Pazo Baleiro, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas (col. Sopa de Libros. Xerais, 2002). Realización youtubeira: Iván Regueiro Liste, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XIV): Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad

 


Sete Caveiras. Elena Gallego Abad. Xerais

A min este libro paréceme moi entretido e bastante interesante xa que Marta ten uns dotes de detective impresionantes e non se rende ata obter a verdade, ou averiguar o que sucedeu na realidade, por exemplo cando Curuxeiras desaparece, Marta non se rendeu ata atopar o verdadeiro asasino e non o que a policía pensaba que era o asasino.

Na miña opinión a este libro non lle fai falta ningún cambio moi significativo, só que con cada personaxe do que se fala que non se entreteña tanto, porque había partes nas que en tres, catro paxinas se seguía falando da vida do mesmo personaxe e noutras só se mencionaba en tres las ou nada.

O meu personaxe favorito é Marta xa que con todo o acontecido e en todos os problemas que se puido meter decidiu seguir investigando pola súa conta, e nunca se rendeu, sempre seguiu a diante.

O final deste libro non o esperas, porque revela a causa de porqué o asasino está indo polos amigos de Curuxeiras e a por Curuxeiras, e encanto se conta a historia xa sabes quen é o asasino só por intuición.

Sergio Señarís Suárez (4º ESO)

Andel de Libros (XIII): A punta de pistola, de Fran Alonso

 


A punta de pistola. Fran Alonso. Xerais

Este libro gustoume moito, simplemente porque ten un tema moi interesante.

Ao principio pensaba que non ía ser entretido porque como empezaba con dúas historias á vez e non pensei que esas historias se fosen a cruzar. E menos cando no medio do libro empezou outra, no momento onde se intercambian as historias pareceume moi orixinal.

O meu personaxe favorito foi a camioneira, porque foi moi valente sendo como era e comportándose así diante da xente. En cambio o personaxe de “O Varas” non me gustou nada, pensa dunha maneira machista e non sabe o que quere, compórtase como un neno pequeno e non sabe tratar cos fillos.

Foi un libro moi doado de ler, cunha letra grande e con poucas páxinas. Foi dos libros máis entretido e interesante dos que eu lin. Ten un punto de intriga no medio o cal lle dá o toque que necesita. Por iso eu recomendaríallo a moita xente.

Antía Bello Liñares (3º ESO A)


A min, este libro gustoume moito. É un libro que conta dúas historias paralelas, a historia dunha camioneira e a historia de Rica e o Varas, unha parella a que os Servizos Sociais lle quitan os fillos porque non os consideraban capacitados para ser pais polo trato que lles daban, e que deciden ir a secuestralos.

Non me resultou difícil de ler porque non se fai aburrido, e o vocabulario, ao ser sinxelo, tampouco é difícil de entender.

Ao meu parecer, o momento máis destacado do libro, foi cando leron os historiais do Varas e de Rica, xa que me axudou a entender e a encaixar moitas cousas no libro.

O personaxe que máis me gustou do libro é a camioneira, xa que nos demostra falando no seu galego dialectal o traballadora e constante que é con respecto ao seu traballo.

Sen dúbida recomendo este libro.

Uxía Mariño Parafita (3º ESO B)

Andel de Libros (XII): Mercurio, de Emilio Alonso

 


Mercurio. Emilio Alonso. Xerais

O momento máis importante do libro pareceume que foi cando o protagonista destapou unha rede criminal que actuaba na antiga fábrica e facían bombas sucias con sensores de mercurio, porque o protagonista demóstranos os seus dotes detectivescos ao resolver dous casos á mesma vez.

O tema deste libro é moi emocionante porque é un libro de carácter policíaco e tamén porque nos ensina como vai recollendo pistas do caso a medida que avanza a historia, mais o caso que el mesmo estaba a investigar.

Este libro ten un desenvolvemento un pouco complicado, porque o protagonista nos empeza a falar de que ía ver certa persoa para obter pistas e despois empeza a investigar o caso da fábrica, o cal fai que te perdas un pouco na historia pero cando segues lendo empezas a encontrarlle o sentido ao argumento.

A esta historia non lle faría moitos cambios, só cambiaría o de que o protagonista nos conte a vida dos convidados na reunión, porque pérdeslle o sentido ao argumento. Tamén cambiaría o de que non conte como foi a operación na que desmantelou unha operación de tráfico de droga alterada con químicos, porque fai que teñas máis interese por saber como foi e non conta como sucedeu esa detención.

Íker Señarís Suárez (4º ESO)

Andel de Libros (XI): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas

 


Memorias dun neno labrego. Xosé Neira Vilas. Galaxia

A min pareceume o libro máis divertido e interesante dos que levo lidos deste autor, xa que conta varias historias á vez como da súa infancia na súa aldea, o loito que ten que gardar pola morte do seu tío, como é un día de festa na súa aldea, as historias da súa nenez,....

Tamén é moi entretido e cada vez canto máis avanzas na súa lectura máis e máis que vai enganchando a lectura. A min a historia que máis me gustou foi cando Balbino, o neno protagonista, nos conta como non pode ir á festa porque na súa casa están de loito pola morte do seu tío Braulio e como ten que vestir de negro aínda que a el non lle gusta facelo.

Tamén me gustou moito porque a través do protagonista vamos aprendendo moitos costumes e cousas que se facían antigamente nas aldeas e tamén se ve que Balbino tenlle moita paixón a vivir nese lugar.

O que cambiaría desta novela foi cando o noso protagonista tivo problemas co señorito e seu pai lle rifou a el, aínda que non era a súa culpa e non o crían a el.

Por outra parte a min sorprendeume o final de moitas historias da novela, xa que eu non me imaxinaba ese final senón outro moi diferente e tamén eu creo que é moi axeitado.

No caso da linguaxe é moi adecuada para os rapaces e é moi fácil de entender.

Jorge Lavandeira Vilares (4º ESO)

O momento máis importante do libro pareceume que foi cando o protagonista, despois de moito tempo, consegue facer un novo amigo do cal se fai moi amigo, e tamén pode volver ás festas porque o tempo de loito xa pasara e xa era libre de facer o que quixese. Xa que era un neno ao que lle gustaban moito as festas e ademais podía estar co seu mellor amigo nelas.

O tema deste libro paréceme que é moi interesante porque a narración fálanos dun neno que a pesar de ser pobre traballaba e conseguía saír adiante e axudaba a súa familia a vencer os atrancos e a conseguir comida, tamén sacaba as vacas a pacer á leira ás tantas da maña e volvía ao amencer para saír a gañar uns cartos traballando pola aldea.

O mellor personaxe é Balbino, o protagonista, porque é moi traballador e responsable, porque non vai xogar cos amigos senón que traballa para poder gañar uns poucos cartos e poder axudar na casa para poder vivir mellor.

Íker Señarís Suárez (4º ESO)

A parte que máis importante me pareceu neste libro foi cando Balbino decide deixar de fuxir e obedecer todo o que lle digan e bota o valor suficiente para encarárselle ao señor e a seu pai. Outra parte que me pareceu moi importante foi cando a pesar de estar lastimado decide e bota as suficientes forzas para coller e fuxir do seu fogar para que seus pais non teñan que pagar as consecuencias dos seus actos.

Esta novela é moi interesante, xa que Balbino é un neno de poucos recursos e sen amigos, a pesar diso ten unha gran determinación e toma decisións que un neno normal da súa idade non tomaria.

O meu personaxe preferido é Balbino aínda que a curmá de Balbino ou o seu mellor amigo tampouco están nada mal, a súa curma é una rapaza independente e o seu mellor amigo é un rapaz pobre pero que non se deixa intimidar por ninguén nin por nada.

En xeral foi un libro que me gustou moito, ten un vocabulario moi sinxelo.

Sergio Señarís Suárez (4º ESO)

 

Andel de Libros (X): Os soños escuros de Clío, de Carlos Casares


Os escuros soños de Clío. Carlos Casares. Galaxia

A min está libro de relatos en xeral encantoume moito e ademais resultoume moi entretido de ler, é dicir, cada vez que lía un pedazo entrábanme as ganas de seguir avanzando nel.

Tamén comentar que uns relatos gustáronme uns máis que os outros. Aínda que a súa linguaxe escrita resultoume algo difícil de comprender polo que tiven que volver a reler algúns contos, para entender ben o que me querería comunicar. Eu tiven que usar o dicionario algunhas veces para buscar o significado de varias palabras.

Eu recomendaría a lectura desta libro porque son relatos que enganchan moito e bonitos. Este libro eu recoméndoo para lectores avanzados. As persoas que non len moito e non teñen facilidade de lectura e de compresión lectora quizais non entenderían o seu vocabulario e as distintas metáforas que utiliza o autor ao longo dos relatos.

Tamén me gustou moito a presentación dos distintos capítulos deste libro e a súa portada encantoume.

Jorge Lavandeira Vilares (4º ESO)

Book tráiler (XXVIII): A dúbida, de María Reimóndez. Realizado por Lucía Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A dúbida, de María Reimóndez (col. Narrativa. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

 

Andel de Libros (IX): Rapazas, de Agustín Fernández Paz

 


Rapazas. Agustín Fernández Paz. Xerais

Gustoume moito. Ten varios contos con rapazas adolescentes como protagonistas. Os máis intrigantes e entretidos parecéronme “Visitante das estrelas” e “Dúas rosas murchas”. Tamén me gustou moito “Un curso con Ana”, porque ensina como é un curso con adolescentes e como cambia a presenza dunha que fai moito barullo.

Os relatos son: “ Visitante das estrelas” que trata dun extraterrestre que ven á Terra e métese nos pensamentos dunha nena; “Unha pedra na area” fala dunha adolescente que atopa unha pedra na praia que ao final resultou ser algo diferente; “Un curso con Ana” narra como uns nenos e nenas relatan o que ocorrera o curso pasado cando Ana, unha nena un tanto molesta, estivo na súa clase; “Querida Avoa” trata dunha adolescente que pensaba que a súa avoa era perfecta e diante dela fixo algo inesperado; “A primeira meta” vai dunha nena chamada Mariña e de como era a súa vida antes de ser campioa de Galicia en cros e “Dúas rosas murchas”, que nos conta a historia dunha nena á que os seus país mandan cos seus avós á aldea para que se poida concentrar no verán para aprobar as materias que lle quedaron suspensas e alí pásanlle cousas moi raras.

En resumo, todas estas historias transmiten, de forma amena, as vivencias e complicacións de varias mozas na adolescencia.

Sara Gómez García (3º ESO A)

Book tráiler (XXVII): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

xoves, 17 de novembro de 2022

Book tráiler (XXVI): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Íker García Brea, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)