Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 21 de novembro de 2022

Andel de Libros (XII): Mercurio, de Emilio Alonso

 


Mercurio. Emilio Alonso. Xerais

O momento máis importante do libro pareceume que foi cando o protagonista destapou unha rede criminal que actuaba na antiga fábrica e facían bombas sucias con sensores de mercurio, porque o protagonista demóstranos os seus dotes detectivescos ao resolver dous casos á mesma vez.

O tema deste libro é moi emocionante porque é un libro de carácter policíaco e tamén porque nos ensina como vai recollendo pistas do caso a medida que avanza a historia, mais o caso que el mesmo estaba a investigar.

Este libro ten un desenvolvemento un pouco complicado, porque o protagonista nos empeza a falar de que ía ver certa persoa para obter pistas e despois empeza a investigar o caso da fábrica, o cal fai que te perdas un pouco na historia pero cando segues lendo empezas a encontrarlle o sentido ao argumento.

A esta historia non lle faría moitos cambios, só cambiaría o de que o protagonista nos conte a vida dos convidados na reunión, porque pérdeslle o sentido ao argumento. Tamén cambiaría o de que non conte como foi a operación na que desmantelou unha operación de tráfico de droga alterada con químicos, porque fai que teñas máis interese por saber como foi e non conta como sucedeu esa detención.

Íker Señarís Suárez (4º ESO)

Ningún comentario: