A punta de pistola. Fran Alonso. Xerais
Este libro gustoume moito, simplemente porque ten un tema moi interesante.
Ao principio pensaba que non ía ser entretido porque como empezaba con dúas historias á vez e non pensei que esas historias se fosen a cruzar. E menos cando no medio do libro empezou outra, no momento onde se intercambian as historias pareceume moi orixinal.
O meu personaxe favorito foi a camioneira, porque foi moi valente sendo como era e comportándose así diante da xente. En cambio o personaxe de “O Varas” non me gustou nada, pensa dunha maneira machista e non sabe o que quere, compórtase como un neno pequeno e non sabe tratar cos fillos.
Foi un libro moi doado de ler, cunha letra grande e con poucas páxinas. Foi dos libros máis entretido e interesante dos que eu lin. Ten un punto de intriga no medio o cal lle dá o toque que necesita. Por iso eu recomendaríallo a moita xente.
Antía Bello Liñares (3º ESO A)
A min, este libro gustoume moito. É un libro que conta dúas historias paralelas, a historia dunha camioneira e a historia de Rica e o Varas, unha parella a que os Servizos Sociais lle quitan os fillos porque non os consideraban capacitados para ser pais polo trato que lles daban, e que deciden ir a secuestralos.
Non me resultou difícil de ler porque non se fai aburrido, e o vocabulario, ao ser sinxelo, tampouco é difícil de entender.
Ao meu parecer, o momento máis destacado do libro, foi cando leron os historiais do Varas e de Rica, xa que me axudou a entender e a encaixar moitas cousas no libro.
O personaxe que máis me gustou do libro é a camioneira, xa que nos demostra falando no seu galego dialectal o traballadora e constante que é con respecto ao seu traballo.
Sen dúbida recomendo este libro.
Uxía Mariño Parafita (3º ESO B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario