Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 23 de maio de 2022

Conta de Libros (XXII): Iridium, de Francisco Castro

 


Iridium. Francisco Castro. Galaxia

Na miña opinión este libro gustoume moito, xa que fala da vida dos adolescentes sen xulgar os comportamentos e o autor é compresivo con cada un dos rapaces explicando a súa maneira de comportarse, e a min estes libros que tratan deste tema gústanme bastante. 

Para min o momento máis importante do libro foi cando Chechu e Mario pelexaron e Chechu perdeu o teléfono, xa que é o que lle deu máis interese á narración, porque Mario saíu correndo e Chechu pensou que fora Mario quen llo roubara. 

O desenvolvemento gustoume e tamén da maneira en que está escrito, xa que son capítulos pequenos, onde acabas un e déixache coa intriga de saber que pasa no seguinte.

A min o final gustoume moito, xa que, Iris e Mario acabaron xuntos, e iso pareceume un detalle moi bonito, e que me encantou. 

A lingua pareceume fácil de ler con palabras sinxelas. 

En resumo, na miña opinión recomendo moito ler este libro porque é entretido e, ademais, fácil de ler.

Lucía Grela Seoane (3º ESO)