Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 26 de xaneiro de 2021

Book tráiler (XLIV): Ciclo Bis, de David Duran. Realizado por Lucía Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Ciclo Bis, de David Duran. Tradución de Ánxela Gracián e Xosé Teipes (Sotelo Blanco, 2001). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XLIII): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



venres, 22 de xaneiro de 2021

Balda de Libros (XV): O que sei do silencio, de Andrea Maceiras


 

O que sei do silencio. Andrea Maceiras. Xerais 

A min este libro gustoume moito xa que nos fala dun tema que por desgraza está moi presente na nosa sociedade e moitos nenos e nenas sofren moito por isto, así que podemos axudar a frear o acoso escolar moi coñecido como bullying

O libro é moi fácil de ler ademais é bastante entretido. Cando o empecei a ler non quería parar xa que desexaba saber o final e cando o acabei de ler deume bastante pena, encantaríame que este libro xamais terminara. 

O momento que máis me gustou nesta historia foi cando se resolve o conflito e Silke non lle garda rancor a Delia e a outras persoas. Eu pensaba que Silke se acabaría suicidando xa que teño visto por desgraza nas noticias que iso o fixeron moitos nenos e nanas que sufriron acoso, afortunadamente non o fixo . 

Se tivera que describir este libro en só unha palabra sería: realismo, xa que pode ser unha historia real que pase en calquera colexio do mundo. Tamén describiríao coa palabra forza, porque por parte de Silke esta calidade aparece en moitas partes do libro. 

Ana Señarís Veiras (3º ESO)

mércores, 20 de xaneiro de 2021

Book tráiler (XLII): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Sonia Muíño Riomayor

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Sonia Muíño Riomayor, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

venres, 15 de xaneiro de 2021

Book tráiler (XLI): O que sei do silencio, de Andrea Maceiras. Realizado por Ana Señarís Veiras

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O que sei do silencio, de Andrea Maceiras (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2018). Realización youtubeira: Ana Señarís Veiras, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)