Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 10 de decembro de 2019

Conta de Libros (XIX): Corredores de sombras, de Agustín Fernandez Paz


O relato carece dunha secuencia que sexa relevante para o resto da historia, xa que se descobre o motivo esencial nunha única escena que é a única que nos revela o fin do misterio, sen importar practicamente nada os sucesos anteriores. Aínda por riba esta escena atópase case ao final da novela.
O libro contén bastantes personaxes, algúns cun carácter que che fan odialos e outros que fan que admires a súa maneira de ser. O meu personaxe favorito é Carlos o tío de Carla, que ao longo da novela vaina axudar en diversas ocasións.
En canto ao contido, ten a singularidade de que cando estás concentrado en saber un anaco da historia méteche por medio unha descrición dun espazo que é irrelevante. Desconcentrándoche da lectura e aburríndote polo que ao principio non che dan gañas de lelo.
A portada non sei que pinta aí, xa que os elementos que che representa só aparecen unha vez en toda a novela.
A min sinceramente o libro non me gustou, é certo que ten unha historia entretida e ben pensada pero a forma de contala non me pareceu a indicada.
Brais Pena Docampo (3º ESO)

Conta de Libros (XVIII): Memoria do silencio, de Eva Mejuto



O momento que máis importante para min é cando Frieda ten que cruzar o río cara Portugal, nese momento sentes como a morte pode levala en calquera momento, e tes unha gran angustia dentro por saber o que lle pasará. 

O tema gústame moito porque o tema da Segunda Guerra Mundial encántame, e ademais pensar que iso foi real déixame aparvado. 

Os personaxes teñen moi diversas personalidades moi propias da época como o garda civil que presentaba un gran nivel de machismo ou unhas irmás que son dignas de admirar como as do grupo de persoas que axudaban a pasar os xudeus. 

Cambios desde logo que non se pode facer ningún porque o relato ao ser real... a realidade non se pode cambiar. 

Ten un vocabulario moi fácil de entender, poucas palabras houbo que non entendese. 

A autora adaptou a realidade moi ben ao escrito, recoméndollo a toda esa xente que lle guste o tema da Segunda Guerra Mundial e as historias dende varios puntos de vista da historia. 

Rubén Rodríguez Seoane (3º ESO)

A min persoalmente gústame moito a historia da segunda guerra mundial, e este libro amplificou ese gusto, xa que Memoria do silencio gustoume moitísimo. 

É un libro que engancha moito e non podes parar de ler xa que todo o que conta é interesante e emocionante e ten unha trama moi boa. Dende o principio, cando comezas a ler non podes parar, xa que sempres queres seguir vendo o que pasa no seguinte capítulo, e así pasa en toda a historia. 

A linguaxe foi moi sinxela xa que todas as palabras se entendían perfectamente e non tiven ninguna complicación ao ler. 

Recomendaríalle este libro a todo o mundo, xa que é un libro que lle podería gustar a persoas ás que lle gusten as historias de misterio, aventura, terror, etc. xa que mestura moitos destes xéneros perfectamente e sen ningunha complicación. En conclusión, este libro é moi bo e moi interesante.

Laura Codesido Fernández (3º ESO)


Conta de Libros (XVII): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas



A min este libro gustoume moito porque me pareceu moi intrigante e moi importante a historia que conta, xa que hoxe en día acontecen historias como esta.
Pero o que me gustou máis deste libro é que me fixese decatarme de que se estás na situación de Isla o máis importante é ter unha amiga que che advirta dos perigos e que te protexa deles.
A escena que máis me impactou foi cando Carballo e os seus amigos agarraron a Isla no vestiario, alí baixáronlle a roupa e gravárona. Só para facerlle dano.
O meu personaxe preferido é Mar xa que nunca deixa sos aos seus amigos e protéxeos de todas aquelas cousas ou aquelas persoas que lle queren facer dano. E o que menos me gustou foi Carballo e os seus amigos xa que simplemente facían as cousas para facerlle dano aos demais.
O final pareceume moi triste pero sobre todo moi realista e duro.
Eu recoméndovos moito este libro xa que é moi sinxelo de ler, ademais ten unha historia moi bonita e interesante.
Arancha Rey Brea (3º ESO)


A min o libro gustoume moito. Pareceume moi interesante e doado de ler, unha vez que o comezas xa non podes parar ata acabalo porque queres saber que pasa con Xúpiter. O contido do libro en xeral paréceme moi axeitado, cando te vas achegando ao final comezas a comprender o porqué das situacións que pasaron anteriormente, como por exemplo o comportamento de Carballo con Isla, porque Xúpiter se conectaba só a partir das 11 da noite e moitas máis cousas.
Os meus personaxes favoritos son Isla e Mar. Gústame como se tratan e o ben que se levan desde o comezo do relato. A personalidade de Mar foi a que máis me gustou, amigable e faladora, non quere que haxa problemas e sempre tenta evitalos. Houbo un personaxe, Marcos Carballo, que ao principio non me gustaba nada por como se comportaba con Isla e Mar, pero ao final entendes o porque o facía e dáste conta de que non era tan malo como aparentaba.
O único que non me gustou moito do libro foi o final, que non vou adiantar. En xeral todo está moi ben e é moi recomendado para ler.
Gabriella González Lamas (3º ESO)


Este libro gustoume moito, está moi ben. Demostra que non se pode coñecer (falar) con xente descoñecida por internet (redes sociais). A calquera lle pode pasar como a Isla. 

A parte da novela que máis me gustou foi cando Isla quedou co descoñecido a tomar algo. A personaxe que máis me gustou foi Isla porque o que lle pasou a ela púidolle pasar a calquera, gústame tamén como actúa. Tamén me gustou moito Mar, Mar dicíalle que non debía de falar así con xente descoñecida pero Isla non lle fixo caso...

O vocabulario do libro é fácil, non hai dificultade para lelo. É moi fácil de ler e engancha moito.

Este libro está moi ben, recoméndovolo porque lese moi rápido e engancha moito.

Sara Pena Gutiérrez (3º ESO)


Para min, esta novela é moi interesante. Trata temas de real importancia, como o acoso escolar e a homosexualidade, cousa que é moi importante tratalos, xa que a xente necesita informarse ao respecto. 

A trama desta historia engancha moito. Creo que só lle cambiaría o final, porque ocorre unha traxedia moi grande. 

O meu personaxe favorito é Mar, aínda que non sexa a protagonista, xa que me parece alucinante a súa maneira de afrontar as cousas. Sempre está alegre, e é moi graciosa, pero cando se ten que poñer seria non dubida en facelo. Creo que Mar ten as ideas moi claras e non ten medo a afrontar as críticas dos demais pola súa orientación sexual, sabe que ela non fai dano ningún, pero tampouco vai deixar que os seus compañeiros lle pasen por riba.

O libro non é moi longo, e tampouco ten un vocabulario moi complexo, polo tanto é rápido e fácil de ler.

Uxía Beiras Rivas (3º ESO)




Conta de Libros (XVI): 22 segundos, de Eva Mejuto



Este libro está moi ben, a parte que máis me gustou foi cando Xela (Alex) tivo que ir para operarse, malia as marcas que lle quedaron despois da operación foi cun sorriso. Eu pensei que a xente lle ía facer bulling pero non.

O tema do libro a min pareceume moi interesante e ao mesmo tempo emocionante, por como a familia o asumiu.

Este libro trata de unha rapaza que de pequena non lle gustaban as saias nin os vestidos, a rapaza chamase Xela e é homosexual, cambia de nome para Alex. O seu avó é a persoa que máis a quere. Alex está namorado da súa mellor amiga que se chama Ana... e non vou contar máis.

Os personaxes gústanme todos moito pero o que máis me gustou foi o seu avó porque xa desde que Alex (Xela) era pequeno consentíalle todo e sempre a defendía, o seu avó  é moi bo. Gústame moito como está formado.

Este libro e moi fácil de ler, e o vocabulario enténdese perfectamente.

Recoméndovolo porque o personaxe principal desta novela pódese identificar con calquera persoa, quizá outras persoas o pasaron peor.

Sara Pena Gutiérrez (3º ESO)