Este libro está moi
ben, a parte que máis me gustou foi cando Xela (Alex) tivo que ir para
operarse, malia as marcas que lle quedaron despois da operación foi cun sorriso.
Eu pensei que a xente lle ía facer bulling pero non.
O tema do libro a
min pareceume moi interesante e ao mesmo tempo emocionante, por como a familia
o asumiu.
Este libro trata de
unha rapaza que de pequena non lle gustaban as saias nin os vestidos, a rapaza
chamase Xela e é homosexual, cambia de nome para Alex. O seu avó é a persoa que
máis a quere. Alex está namorado da súa mellor amiga que se chama Ana... e non
vou contar máis.
Os personaxes gústanme
todos moito pero o que máis me gustou foi o seu avó porque xa desde que Alex
(Xela) era pequeno consentíalle todo e sempre a defendía, o seu avó é moi bo. Gústame moito como está formado.
Este libro e moi
fácil de ler, e o vocabulario enténdese perfectamente.
Recoméndovolo porque o personaxe principal desta novela pódese identificar con calquera persoa, quizá outras persoas o pasaron peor.
Sara Pena Gutiérrez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario