A
min este libro gustoume moito porque me pareceu moi intrigante e moi importante
a historia que conta, xa que hoxe en día acontecen historias como esta.
Pero
o que me gustou máis deste libro é que me fixese decatarme de que se estás na
situación de Isla o máis importante é ter unha amiga que che advirta dos
perigos e que te protexa deles.
A
escena que máis me impactou foi cando Carballo e os seus amigos agarraron a
Isla no vestiario, alí baixáronlle a roupa e gravárona. Só para facerlle dano.
O meu
personaxe preferido é Mar xa que nunca deixa sos aos seus amigos e protéxeos de
todas aquelas cousas ou aquelas persoas que lle queren facer dano. E o que
menos me gustou foi Carballo e os seus amigos xa que simplemente facían as
cousas para facerlle dano aos demais.
O
final pareceume moi triste pero sobre todo moi realista e duro.
Eu
recoméndovos moito este libro xa que é moi sinxelo de ler, ademais ten unha
historia moi bonita e interesante.
Arancha Rey Brea (3º ESO)
A
min o libro gustoume moito. Pareceume moi interesante e doado de ler, unha vez
que o comezas xa non podes parar ata acabalo porque queres saber que pasa con
Xúpiter. O contido do libro en xeral paréceme moi axeitado, cando te vas
achegando ao final comezas a comprender o porqué das situacións que pasaron
anteriormente, como por exemplo o comportamento de Carballo con Isla, porque
Xúpiter se conectaba só a partir das 11 da noite e moitas máis cousas.
Os
meus personaxes favoritos son Isla e Mar. Gústame como se tratan e o ben que se
levan desde o comezo do relato. A personalidade de Mar foi a que máis me
gustou, amigable e faladora, non quere que haxa problemas e sempre tenta
evitalos. Houbo un personaxe, Marcos Carballo, que ao principio non me gustaba
nada por como se comportaba con Isla e Mar, pero ao final entendes o porque o
facía e dáste conta de que non era tan malo como aparentaba.
O
único que non me gustou moito do libro foi o final, que non vou adiantar. En
xeral todo está moi ben e é moi recomendado para ler.
Gabriella González Lamas (3º ESO)
Este libro gustoume moito, está moi ben.
Demostra que non se pode coñecer (falar) con xente descoñecida por internet
(redes sociais). A calquera lle pode pasar como a Isla.
A parte da novela que máis me gustou foi cando Isla quedou co descoñecido a tomar algo. A personaxe que máis me gustou foi Isla porque o que lle pasou a ela púidolle pasar a calquera, gústame tamén como actúa. Tamén me gustou moito Mar, Mar dicíalle que non debía de falar así con xente descoñecida pero Isla non lle fixo caso...
O vocabulario do libro é fácil, non hai dificultade para lelo. É moi fácil de ler e engancha moito.
Este libro está moi ben, recoméndovolo porque lese moi rápido e engancha moito.
Este libro está moi ben, recoméndovolo porque lese moi rápido e engancha moito.
Sara Pena Gutiérrez (3º ESO)
Para min, esta novela é moi interesante.
Trata temas de real importancia, como o acoso escolar e a homosexualidade, cousa
que é moi importante tratalos, xa que a xente necesita informarse ao respecto.
A trama desta historia engancha moito. Creo que só lle
cambiaría o final, porque ocorre unha traxedia moi grande.
O meu personaxe
favorito é Mar, aínda que non sexa a protagonista, xa que me parece alucinante
a súa maneira de afrontar as cousas. Sempre está alegre, e é moi graciosa, pero
cando se ten que poñer seria non dubida en facelo. Creo que Mar ten as ideas
moi claras e non ten medo a afrontar as críticas dos demais pola súa
orientación sexual, sabe que ela non fai dano ningún, pero tampouco vai deixar
que os seus compañeiros lle pasen por riba.
O libro non é moi longo, e tampouco ten un vocabulario moi complexo, polo tanto é rápido e fácil de ler.
Uxía Beiras Rivas (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario